Skip to Content

APERTURA PARA O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

 

Forma de presentación:

  • Presentación no centro: Neste caso imprimirase a solicitude e o anexo II e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

O alumnado de 6º de Ed.Primaria e o alumnado que para o vindeiro curso esté noutro centro, deberá facer a inscrición en dito centro (ou de forma electrónica).

 

Descarga do formulario (anexos I e II) 

Se o desexa poderá acudir ao colexio a recoller o formulario para cubrilo na casa e presentalo no centro.

 

 



page | by Dr. Radut