Skip to Content

DÍA DA PAZ

VÍDEO DO DÍA DA PAZ ELABORADO POLO ALUMNADO DO CEIP DE OLVEIRA

Clica na imaxe para acceder ao vídeo.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CEIP DE OLVEIRA

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 EN CENTROS ADSCRITOS

  

  

Alumnado de 6º de Educación Primaria
 
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro, ambos inclusive.
 
Esta solicitude deberase presentar no CEIP de Olveira ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou

certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

*Está en adxunto o documento de reserva e tamén hai copias a disposición no propio centro.*

D.E.P. Dositeo Fernández Fuente

A comunidade educativa do CEIP de Olveira está consternada polo inesperado falecemento de Dositeo, director por moitos anos deste centro.

Agradecemos todas as mostras de afecto nestes momentos tan difíciles. Sempre con nós!!! Unha aperta forte á familia.

XA CHEGOU O SAMAÍN....

Boas!

Está chegando unha data moi esperada polo alumnado: O Samaín!

Como levamos facendo dende hai anos, estamos organizando un concurso de cabazas. Así que deixade voar a vosa imaxinación e axudade aos rapac@s a elaborar unha. Xa sabedes que hai premios!

Ademais estamos buscando lendas, así que os nen@s teñen que preguntar aos máis maiores da casa (ou veciños) dalgunha lenda que recorden. Anotala e entregárllela ao titor ou titora.

Distribuir contido


by Dr. Radut