Skip to Content

Pedagoxía Terapéutica

SOLUCIÓNS A ACTIVIDADE SOBRE ANIMAIS DO XEOPARQUE EN LINGUA DE SIGNOS

O día 4 de maio, lanzamos nas redes sociais e na web do colexio o reto de adiviñar os nomes dos principais animais do Xeoparque Montañas do Courel en lingua de signos a traves dunha foto dos mestres e mestras do colexio signando estes nomes. Hoxe achegamos a solución premendo na foto

                    

 

ACTIVIDADE SOBRE ANIMAIS DO XEOPARQUE EN LINGUA DE SIGNOS

Dende o grupo de traballo e o programa Inclúe-t, este curso estamos introducindo a lingua de signos a través de varias actividades: formación, contacontos, obradoiros de sensibilización, cancións...
Hoxe as mestras e mestres queremos ofrecervos unha actividade diferente: un mural cos animais do territorio Xeoparque en lingua de signos!
S

21 DE MARZO. DÍA DO SÍNDROME DE DOWN

21 de marzo: hoxe é o Día Mundial do Síndrome de Down.

OBRADOIRO DE INCLUSIÓN NA SEMANA DA PRENSA

O pasado xoves 12 de marzo, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria participaron nun obradoiro na biblioteca. Conmemorando a semana da prensa, o alumnado tivo que superar varios retos ocultos en novas. Traballando en equipo, todos conseguiron traducir un titular en braille, aprenderon palabras en lingua de signos e coñeceron as seccións dun xornal clasificando titulares reais relacionados coa diversidade. Diseñaron un boceto para a impresora 3D coa finalidade de que o puideran tocar persoas con discapacidade visual.  Ademáis, descubriron que é a lectura fácil, cal é o seu obxectivo e a identificamos en libros da nosa biblioteca escolar.
Estas actividades están enmarcadas no programa Inclúe-t, que desenvolve medidas para fomentar e mellorar a inclusión no centro.

DOWN OURENSE. ARTIGO SOBRE CONCESIÓN DO PREMIO DE BOAS PRÁCTICAS

A Asociación DOWN OURENSE faise eco da concesión ao CEIP de Quiroga do premio de Boas Practicas en educación inclusiva.

FOTO

PREMIO DE BOAS PRÁCTICAS EN EDUCACIÓN INCLUSIVA

O luns, día 9 de marzo, achegáronse a Santiago, Ana, a directora; e Sara, a xefa de estudos, a recoller o premio de Boas Prácticas en Educación Inclusiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut