Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

SAÍDA AO MONTIÑO 2015

Samaín_Halloween

O pasado xoves, 29 de outubro, celebramos no noso colexo a festa conxunta de Samaín e Halloween, mesturando as duas tradicións. Foi todo moi divertido.

Este foi o resultado!

 
 

Concurso de cabazas

 

Concurso de portas


 

 
 
 

Merendas de medo

 

 Photocall Halloween

     

 
 
 

 A festa

 

     
 

Campaña Solidaria ConRazones

O martes, a primeirísima hora, tivemos no colexio a visita da Asociación ConRazones dentro dunha campaña organizada polo equipo de Actividades complementarias conxuntamente co equipo de Orientacion. A finalidade era recoller alimentos para as persoas con necesidades da comarca ao mesmo tempo que reflexionamos sobre a importancia de compartir.

 

Menú do Comedor escolar de Novembro

Magosto 2015

O venres 13, sen mor a superstición algunha, celebramos no colexo o noso magosto anual. Pasámolo moi ben comendo castañas e bocatas de chouriza. E para facer a dixestión despois xogamos ata a hora da saída.

Aquí podedes ver unha mostra!

Saída a Vigo de 5º e 6º de Primaria

O martes, 24 de novembro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria tivemos unha excursión a Vigo onde visitamos a Exposición de Naturnova, cun documental sobre as "Especies invasoras" e ademais visitamos as súas salas coas exposicións permanentes. Despois visitamos o estadio de Balaídos onde poidemos ver a sala de prensa, os vestuarios, o museo e finalmente o campo.

Foi unha mañá moi completa!

 

Menú do Comedor Escolar de Decembro

 

Día dos Dereitos dos Nen@s

O pasado 20 de novembro celebrábase o Día dos Dereitos dos Nen@s. Dende o colo preparamos un mural conmemorativo coa participación de tódos/as os/as Nenos/as.

Este foi o resultado.

 

 

Thanksgiving

O pasado xoves, 26 de novembro, celebrábase a festa americana de "Thanksgiving" e, como Colexio Bilingüe que somos, decidimos celebralo. Entre alumnos/as e mestres/as relacionados co inglés (Eva, Cecila e Tomás) elaboramos unha árbore para dar gracias polas cousas boas das que disfrutamos.

O ladrón de palabras

Dende a equipa de normalización lingüística organizouse unha actividade realmente interesante. Primeiramente todas as aulas leron o conto "O ladrón de palabras" de Nathalie Minne.

Partindo desa historia, os nenos que quixeses podían escribir palabras que lle suxerisen algo e despois clasificalas nuns botes colocados no corredor de Primaria. Acabado o prazo de escribir palabras os membros da equipa as coloracon en anuncios de separar e cada neno ou nena podía coller a palabra que llegustase para si mesmo.

Este foi o resultado.

 



by Dr. Radut