O alumnado de 6º de ED. Primaria acudiron ao IES A Sangriña para familiarizarse co que será o seu novo centro de estudos a partir de setembro. Alí coñeceron ao equipo directivo, a orientadora e as instalacións, incluídos laboratorios e os talleres.
O equipo de Educación Ambiental, xunto coa clase de 6º de Primaria, acudiron a entrega dos premios Voz Natura 2019 como representación do colexio. Nesta edución o colexio acadou o premio pola súa traxectorio traballando polo Medio Ambiente.
A clase de 5º de Primaria gañou o premio no concurso Segura-Mente organizado por Abanca, consistente nun cheque de 500€ para realizar unha excursión. E o mércores 19 viñeron facernos entrega do cheque ao colexio.