David é músico e pai de dous alumnos do colexio; Brais e Martín.
Esta semana asistíu a varias sesións das clases de música para ensinar o seu instrumento: o trombón. Tamén trouxo a trompeta e tuba para acompañar a algúns nenos/as músicos do colexio.
Para festexar este día, creamos unha exposición "Bosque de coidado de criaturas máxicas" nun corredor do edificio de primaria.
Cada aula fixo a decoración dunha árbore e dunha criatura máxica: dragóns, unicornios, centauro, trols, fluffy, araña acromantula, hipogrifo e xigante. Cada criatura máxica era o protagonista dunha poesía.
O tema elexido para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 é "Unha feliz viaxe pola vida", polos dereitos das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a vivir unha vida feliz.
O alumnado e o profesorado trouxo ao colexio un obxecto de cor azul que lle fai feliz, que lle facilita a súa vida, que lle ten agarimo...
Actividade escolar proposta polo Concello de A Guarda "Percorremos A Guarda como peregrinos".
O punto de saída foi o embarcadoiro do Pasaxe e rematou na praia de Fedorento.
Fixemos unha andaina guiada con breves paradas onde se explicaron referencias xacobeas presentes no percorrido, resolvendo dúbidas ou curiosidades que foron xurdindo.
Despois dunha semana de espera... aquí chega de novo Radio Treboada! Programa número 11 para despedir este segundo trimestre! Dádelle click ao play e... a gozar! Os treboeirxs vos desexamos unhas felices vacacións! Descansade e cargade as pilas porque...