Actividades e novas

Gañadoras - Concurso Día das Letras Galegas 2022: Canto sabes de Florencio Delgado Gurriarán?

Do 9 ao 20 de maio estivo aberto o Concurso "Canto sabes de Florencio Delgado Gurriarán?" cun cuestionario de 14 preguntas sobre a vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas 2022 e unha pregunta aberta (nº15) sobre a opinión do galego a día de hoxe. En total, participaron nesta actividade 13 persoas (alumnado e profesorado do centro).

A seguir publicamos as persoas gañadoras e as opinións achegadas sobre a situación actual da lingua galega.

 

Grazas a todos pola vosa participación nesta actividade.

Concurso fotográfico "A primavera a foto altera" - Fotos gañadoras

Velaquí as fotos gañadoras do concurso fotográfico "A primavera a foto altera". Parabéns ás persoas agraciadas e moitas grazas a todos/as os/as participantes.

 

Concurso Día das Letras Galegas 2022: Canto sabes de Florencio Delgado Gurriarán?

Co gallo das Letras Galegas 2022, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza o concurso "Canto sabes de Florencio Delgado Gurriarán?" cun cuestionario de 15 preguntas ao que podedes acceder desde esta ligazón.

Non vos esquezades de consultar as bases de participación antes de cumprimentalo.

 

 

Concurso fotográfico "A primavera a foto altera" - Fotos participantes

Durante semanas os participantes deste concurso fotográfico alterástesnos gratamente coas vosas imaxes primaverais. Aquí podedes ver en conxunto todas as 16 fotos presentadas por profesorado, alumnado do curso 2021/22 e antigo alumnado. De todos os participantes só 9 poden optar a premio segundo se indica nas bases do concurso. 

O venres 13 de maio publicaremos os gañadores desta actividade organizada este Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Para ler os textos en galego que acompañan a cada unha das imaxes premer en Ler máis aquí debaixo:

1 Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as floriñas dos toxos. (Antonio Noriega Varela)

2 Xoaniña voa, voa... / Xoaniña boa, boa!

3 Lecer á beira do Arnoia

Club de lectura: 'Os libros que hai en min' de Emma Pedreira - Encontro coa autora

Para pechar o último Club de Lectura organizado polo EDLG do centro visitaranos Emma Pedreira, autora de Os libros que hai en min, este venres 29 de abril ás 11:30h.

Resumo da primeira sesión Club de Lectura "Os libros que hai en min"

Con C de Club!

Esta semana na primeira sesión do Club de Lectura en galego Compartimos, Confesamos, Curioseamos e Conversamos sobre 'Os libros que hai en min' de Emma Pedreira publicado pola editorial Cuarto de inverno.

Aquí tendes o resumo en forma de listaxe en honor ás primeiras palabras do libro: Adoro as listaxes, e as preguntas que empregaremos na sesión presencial prevista para o venres 22/04 ás 11.30h.

  

Concurso fotográfico "A primavera a foto altera"

Disque "A primavera o sangue altera", mais o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere que prestedes atención e inmortalicedes todos os cambios que a primavera trae ao voso arredor (por exemplo, paisaxes, animais, situacións cotiás, festividades, etc.).

Consultade as bases do concurso adxuntas aquí.

  

Club de Lectura do EDLG: 'Os libros que hai en min' de Emma Pedreira

'Os libros que hai en min' de Emma Pedreira (Editorial Cuarto de Inverno) é a obra elexida para o último Club de Lectura organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

Valo perder? Inscríbete en https://forms.gle/dxs3VGeBc4LTa7dj8 e ven compartir connosco os libros que hai en TI!

Agardámoste!

Encontro con Santiago Lopo e clausura do club

O venres pola tarde, 11 de marzo ás 17.30h, visitounos Santiago Lopo dentro da actividade Club de Lectura A carteira organizado polo EDLG do centro.

 

Distribuir contido