Actividades e novas

Club de lectura: 'A carteira' de Santiago Lopo - Encontro co autor

Para pechar o Club de Lectura de A carteira recibiremos a visita do seu autor, Santiago Lopo, o venres 11 de marzo ás 17:30h.

Día Internacional da Lingua Materna e Día de Rosalía de Castro

Neste días celébranse dúas conmemoracións, onte o Día Internacional da Lingua Materna e mañá o Día de Rosalía de Castro. Con este poema de Cantares Gallegos este equipo pretende aunar ambas datas e... "cantar hemos, na lingua galega".

Resumo da segunda sesión Club de Lectura "A carteira"

Os días 14 e 18 de febreiro volvémonos reunir os dous grupos do Club de Lectura en sesión de mañá e tarde, respectivamente. Pódese consultar nas imaxes e descargar unha selección dos extractos comentados asicomo algúns dos descubrimentos achegados polos participantes.



Resumo da primeira sesión Club de Lectura "A carteira"

Preme na imaxe para consultar o resumo da primeira sesión do Club de Lectura "A carteira".

Club de lectura "A carteira" de Santiago Lopo: Comezamos!

A próxima semana, luns 31 xaneiro e venres 4 febreiro, comeza o Club de Lectura de A carteira de Santiago Lopo. Aquí podedes ver dous vídeos de presentación do libro:

Booktrailer

 

 

Entrevista ao autor na TVG

 

Para este primeiro encontro, que durará aproximadamente 90 minutos, non será preciso ler xa o libro. A sesión adicarase a

  • presentármonos ao resto dos integrantes do club empregando a listaxe de preguntas (imaxe abaixo);
  • introducir o libro de Santiago Lopo, A carteira, empregando os vídeos enriba; e
  • fixar as partes do libro a ler para as seguintes sesións telemáticas.

 

Club de Lectura: 'A carteira' de Santiago Lopo

O EDLG quere comezar o 2022 con moita enerxía con este Club de Lectura telemático do libro A carteira de Santiago Lopo.

A inscrición realizarase en liña do 12 ao 26 de xaneiro na seguinte ligazón https://forms.gle/8AfQhoVsKRKymCZW6

 

Este Nadal le en galego

Mira as recomendacións que aquí che facemos e, se non son do teu agrado, pasa pola Biblioteca do noso centro. De seguro que alí atoparás algo para ler en galego.

A literatura galega e o 25N

Para conmemorar o 25N, o EDLG seleccionou tres obras da Biblioteca do centro onde se denuncia a violencia de xénero.

25N EDLG de EDL equipo de dinamización lingüística

Distribuir contido