Actividades e novas

Únete ao EDLG!

Es alumno/a da EOI de Vilagarcía e non coñeces o EDLG? Consulta en EDLG > Actividades todo o que fixemos no curso pasado e anímate a formar parte deste equipo.

Axúdanos a dinamizar o uso da lingua galega no centro. Só nos faltas ti! Envía un correo electrónico a edl@eoivga.org

Roteiro O xardineiro dos ingleses con Marcos Calveiro

Onte, 27 de maio, puxemos o broche final ao Club de Lectura de O xardineiro dos ingleses. O seu autor, Marcos Calveiro, guiounos nun roteiro a través das rúas máis significativas na súa obra localizada en Vilagarcía de Arousa.

 

Letras Galegas: Xeliña fala galego

Por ocasión do Día das Letras galegas 2021, convidámosvos a unha viaxe no tempo os próximos 19, 20 e 21 de maio. Levarémosvos a tres momentos dun texto de Valentín Arias López sobre a súa filla Xela, “Xeliña fala galego”. Para nos entretermos no percurso, propoñemos tres lecturas breves, unha por destino. Lede os fragmentos (ou descargádeos abaixo), meditade a pregunta que vos facemos para cada un deles e compartide a vosa opinión na ligazón que aparece debaixo de cada imaxe. 

Preme en Ler máis.

 

Letras Galegas 2021: Xela Arias

Conmemoramos hoxe as Letras Galegas 2021 dedicadas á figura de Xela Arias.

 

Letras Galegas 2021 - Libros e revistas na biblioteca

As Letras Galegas 2021 están adicadas a Xela Arias. Na biblioteca do noso centro podedes atopar os seguintes libros e revistas.

Club de lectura: O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro (Produto final)

Este curso 2020/21 o EDLG organizou un club de lectura ao abeiro da Convocatoria de Clubs de Lectura para centros de ensino secundario.

A lectura proposta foi O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro. Durante os encontros os participantes propuxeron a idea de realizar unha guía-roteiro do libro xa que non existe ningunha. Eles mesmos seleccionaron extractos do libro que facían algunha referencia a lugares ou persoeiros de Vilagarcía e gravaron os audios correspondentes. Con todos estes materiais elaborouse un tríptico do percorrido proposto xunto coas localizacións e audios do roteiro en GoogleMaps e Soundcloud.

Poñemos estes materiais a disposición de todos aqueles que estén interesados na obra de Marcos Calveiro, e esperamos que desfrutedes do roteiro ao igual nós desfrutamos preparándoo!

Premede en Ler máis para acceder á información completa.

Día do Libro "Descobre o libro ao que pertence a cita"

Dentro da programación do EDLG para este curso incluiramos a conmemoración do Día do Libro, 23 de abril. Polo que, co fin de promover a lectura en galego, facemos unha serie de recomendacións literarias con este "Descobre o libro ao que pertence a cita'. 

Esperamos que disfrutedes deste xogo e lembrade que estes e outros libros vos están a agardar nos andeis de galego na biblioteca.

Día Mundial da Poesía 2021: Poemas participantes

No Día Mundial da Poesía o EDLG propuxera unha actividade de poesía creativa a partires dun poema de Luís Valle. E… velaquí as tres versións recibidas.

 

Moitas grazas pola vosa participación e QUE O VERSO SEXA VOSO SEMPRE!!!

 

 

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

O EDLG conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. 

Cóntanos e comparte as túas lecturas infantís e xuvenís respondendo ás publicacións no Twitter @EDLG_Vga e Instagram edlg_vga do EDLG ou, se o prefires, podes enviarnos un correo electrónico coas túas achegas a edl@eoivga.org e nós mesmos faremos a publicación (sen incluír datos persoais).

Podes elexir algunha destas preguntas ou calquera outra aportación que queras compartir en relación á literatura infantil e xuvenil en galego:

  • Que libro lles les aos teus/túas fillos/as en galego? (ou a calquera menor da túa familia)
  • Cando eras cativo/a, lías en galego? Si/Non? Por que?
  • Cal che gustaba a ti ler ou que che leran cando eras neno/a?
  • Que libro infantil ou xuvenil regalaches ou che regalaron en galego?

 

Preme en "Ler máis" e a seguir na imaxe de abaixo para acceder a revista electrónica coa escolma de achegas recibidas de alumnado e docentes

Club de lectura: O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro (Último encontro)

Este venres 26 de marzo terá lugar o último encontro do Club de Lectura organizado polo EDLG deste centro. 

Distribuir contido