Cursos de Linguaxe Administrativa (nivel superior) e Celga 4 - Asignación e documentación

 

O día 28 de novembro o alumnado poderá consultar se foi admitido na aplicación web www.eoidigital.com/preinslinguagalega

O alumnado seleccionado deberá presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo e décimo primeiro desta resolución. A documentación presentarase telematicamente na aplicación web enriba indicada. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

O prazo para a presentación da documentación será ata o 1 de decembro de 2023 ás 23.59, para os cursos do segundo cuadrimestre. A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da listaxe de espera.