Matrícula para as probas de certificación 2024: cursos CALC, CALG e CUALE

Este curso 2023-24 as probas de certificación do alumnado oficial, incluído alumnado CALC, CUALE e do programa That's English ríxense pola Instrución 1/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial para o curso 2023/24

Prazo de matrícula

O alumnado procedente do programa CUALE e dos cursos CALC e CALG deberá formalizar a matrícula seguindo o procedemento recollido nesta instrución, do día 8 ao 12 de abril, ambos incluídos. A aplicación permanecerá aberta ata as 23:59 do mediodía do 12 de abril.

A matrícula realizarase en liña, dende o enderezo seguinte: https://www.informaticacentros.com/xunta/

Documentación

Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá presentar, a través da aplicación web, a seguinte documentación:

- De ser o caso, o resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013.

- Unha fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito. No caso de que a persoa candidata se identificara cun documento distinto do DNI ou do NIE, deberá formular a solicitude presencialmente na secretaría da EOI no prazo establecido para a matrícula.

- Para o alumnado dos cursos CALC e CALG, o documento da realización do curso, emitido polo CFR, onde conste que cumpre co requisito de asistencia.

- O alumnado con diversidade funcional, se precisa adaptación para as probas, deberá cubrir o formulario do anexo III da Instrución 1/2024.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. A escola poderalle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

calendario de exames pódese consultar nestas ligazóns: convocatoria ordinariaconvocatoria extraordinaria.

Para consultar as Guías informativas e de especificacións das probas de certificación, preme nesta ligazón. Para máis información sobre avaliación, infórmate aquí.