Preinscrición: confirmación de praza e entrega de documentación

Aquí recóllense o terceiro e o cuarto paso para formalizar a matrícula da praza que lle foi asignada na adxucación. Deberá entregar a documentación para que a matrícula sexa efectiva.

Reserva da praza e entrega da documentación:

O 10 de xullo, realízase a adxudicación de prazas. Deberá acceder á aplicación de preinscrición (www.eoidigital.com/preinsxunta) dende o día 11 de xullo ata o 21 de xullo ás 12:00 do mediodía:

  1. Caso de obter praza, terá unha nova ligazón "Confirmar matrícula" no seu formulario de preinscrición. Prema na ligazón para reservara praza concedida. A selección dun grupo, unha vez confirmada, non poderá ser modificada nin anulada. O sistema xerará un resgardo por duplicado onde se indica o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora na que se grava a solicitude. A praza queda reservada, pendente de confirmación pola secretría do centro.
  2. Realice o pagamento das taxas. Pode consultar na seguinte ligazón a información para o pago das taxas correspondentes.
  3. Deberá cargar na aplicación ou presentar na secretaría do centro a documentación requirida. Segundo o caso: o resgardo da confirmación de matrícula, o resgardo de ter pagado as taxas ou a documentación complementaria que dá dereito a redución ou exención do seu importe, fotocopia do DNI (se é alumno novo), a documentación que lle da acceso ao nivel distinto de Básico 1, e unha fotografía tamaño carnet. Nese momento, o centro confirmará a matrícula.
  4. Respecte o prazo: o pagamento e a presentación da documentación na secretaría deberán efectuarse no prazo establecido. A falta de pagamento e/ou presentación de documentación no prazo implica automaticamente a anulación da praza.

Documentación que debe entregarse coa matrícula

Información importante relativa á matrícula:

- A posta en marcha do grupo elexido dependerá do número total de inscritos que o xustifique.
- As datas de celebración das probas de progreso e da convocatoria ordinaria poderán realizarse en día e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula. Na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.
- Perda do dereito á matrícula: a non incorporación sen xustificación debidamente razoada perante a dirección nos 15 días seguintes ao inicio do curso académico implicará a perda da condición de alumnado oficial e a escola disporá destas prazas para seren cubertas por outros aspirantes, sen que corresponda a devolución dos prezos públicos aboados.