O alumnado, profesorado e familias participantes no programa E-Dixgal dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.
Soporte premium E-Dixgal en puntos de atención (debidamente sinalizados co logotipo do proyecto) espallados por toda a xeografía galega. Aquí o mapa:
A Xunta de Galicia vén de convocar as probas de nivel para a certificación de competencias en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado que no curso 2022-23 estea matriculado en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria, na etapa de Bacharelato ou en ciclos de Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
Os estudantes que participen nela poderán certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL).
Desde o centro infórmase que non ten a validez das probas da Escola Oficial de Idiomas.
A matrícula na ESO e en Bacharelato para o curso 2022-2023 realizarase nos días que se indican a continuación:
1º ESO: 27 de xuño
2º ESO: 28 de xuño
3º ESO: 29 de xuño
4º ESO: 29 de xuño
Bacharelato: 30 de xuño e 1 de xullo.
O día 23 estarán en Conserxería os sobres de matrícula nos cales se indica toda a documentación que deben achegar no momento de formalizar a matrícula.
Deixamos ao seu dispor a folla de matrícula correspondente a cada curso.
Así mesmo, co fin de favorecer a escolla de materias, poden acceder ao apartado Oferta Educativa, onde teñen ao seu dispor as materias que se cursan en cada nivel e as optativas que poden escoller, con información relativa a algunhas das materias.
Achéganse os modelos de reclamación para as cualificacións da avaliación final -ESO, Bacharelato- e/ou extraordinaria -só Bacharelato- nos prazos pertinentes.