Skip to Content

Info Point

FOROS DE DEBATE VOAR: O ESTADO, SÚBDITOS OU CIDADÁNS

A Fundación Sargadelos e o Grupo Voar organizan en Ribadeo unha nova edición dos Foros de Debate, que nesta ocasión versarán sobre «El Estado: súbditos o ciudadanos». Será a novena edición desta cita e será unha boa ocasión para escoitar a ponentes de primeiro nivel no mundo da política nacional. Estes foros teñen lugar no Salón Mariña do Hotel Voar, ás 20.30 horas dos días sinalados.

É unha ocasión idónea para que o alumnado de bacharelato escoite a protagonistas da nosa política nacional nun ámbito relaxado e fora das presións políticas dos medios e dos extremos. Para poder criticar é necesario coñecer, e o coñecemento debe traballarse e bregarse con muito oído e moita prudencia. En Ribadeo temos a ocasión de poñer exemplos grazas a xornadas como estas. Nun ano no que todavía padecemos conflitos bélicos e miles de mortos en diversas guerras, é necesario reafirmar a vía do diálogo e da política democrática como solución para a problemática humana. Só consolidando as nosas ideas e os nosos valores poderemos construír o mundo que queremos. Animamos pois a toda a cidadanía a participar de forma activa no noso presente, porque será clave do noso futuro.

Noticia La Voz de Galicia 

Twiter @Cosmopolitas1 

Podedes ver e escoitar estas charlas a través do seguinte enlace IX FOROS DE DEBATE

CALENDARIO DE GRUPO

CONCURSO TIKTOK SOBRE ELECCIÓNS EUROPEAS

Estimados Embajadores,

Os invitamos a presentaros al concurso TikTok Por qué hay que votar en las Elecciones Europeas 2024” para seleccionar a dos clases de EPAS/MEPAS para participar en las sesiones Euroscola en Estrasburgo el 21 de marzo o el 11 de abril de 2024.

 

Requisitos:

•            Solo pueden participar escuelas que no hayan asistido presencialmente a Euroscola en los cursos 2022-2023 y 2023-2024.

•            La participación es para un máximo de 24 alumnos (entre 15 y 18 años) y 2 profesores de cada escuela (1 profesor si el grupo tiene menos de 20 alumnos)

•            El concurso consiste en crear un video de TikTok (máximo 40 segundos) sobre “Por qué hay que votar en las Elecciones Europeas 2024

 

Proceso de participación:

1.           Regístrense en la plataforma todosjuntos.eu https://todosjuntos.eu

2.           Realicen un único video y publíquenlo en TikTok con el hashtag #usatuvoto desde el perfil de algún participante (profesor o alumno).

3.           El coordinador del centro enviará el enlace del video por correo electrónico a contacto-es@todosjuntos.eu con los datos solicitados.

 

Fecha del concurso: Desde el 12 de enero a las 13.00 hasta el 24 de enero de 2024 a las 18.00

 

La Oficina del Parlamento Europeo en España elegirá los dos mejores videos basándose en la originalidad y creatividad. Les animamos a aprovechar esta oportunidad y participar en el concurso.

 

Os adjuntamos las bases del concurso.

Escolas Embaixadoras no novo ano 2024

Sara Carreira, reporteira de La Voz de Galicia, publicou hoxe un excelente artigo que resume o traballo das EPAS en Galicia (Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo) e recolle as opinións de varias das nosas alumnas que participaron e participan neste ambicioso proxecto.

 

Bo Nadal!!

O alumnado de 4º ESO que participa nas actividades de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, construiu baixo a dirección do profe de Tecnoloxía, Javier Rodríguez, esta árbore de Nadal que moitas EPAS lucen nos seus respectivos centros. Por diante temos uns días de vacacións e festexos tradicionais, pero tamén de repasos e reposos... Comezaremos o ano cpon forzas renovadas e seguiremos traballando nos valores que nos definen e dos que nos sentimos orgullosos. Con esta confianza desexámosvos un BO NADAL e un pacífico e frutífero 2024....

  

Día da CONSTITUCIÓN

 Hoxe é día festivo porque conmemoramos a vixencia da  nosa Constitución, un escrito o suficientemente  importante como para dedicarlle atención.

Desde a Filosofía está claro que supón unha reflexión  profunda sobre o que somos e como debemos  orgfanizarmos, e por esta razón imos dedicarlle un pouco de traballo. Merece a pena, e é de obrigado cumprimento.... Imos alá...

45 aniversario da CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

 De paso imos presentar a posibilidade de adentrarse no   intríngulis sociopolítico do ámbito europeo facendo unha   viaxe dixital para descubrir como funciona a democracia   europea, e coñecer un pouco máis pormenorizadamente   por que é importante a cita do vindeiro xuño de 2024...

Viaxe dixital polo Parlamento Europeo

Deixamos tamén unha páxina que visitaremos en futuras ocasións para ampliar os nosos coñecementos sobre os cambios que se avecinan. 

https://elections.europa.eu/es/

 

 

Charla sobre SAÚDE MENTAL

O vindeiro LUNS 11 de decembro asistiremos a unha charla virtual no salón de actos do centro ás 09:30, a cargo do ponente Javier García Campayo, co Título "Salud mental en el momento actual".

Información sobre o autor: Javier García Campayo, licenciado en Medicina pola Universidad de Zaragoza, donde realizou a tese Doutoural, cursou a especialidade de Psiquiatría no Hospital Clínico Universitario de Zaragoza.‍ Ten realizado estancias de investigación nas Universidades de Manchester e Cambridge (Gran Bretaña) e McGill (Montréal, Canadá). Lidera o Grupo de Investigación “Salud Mental en Atención Primaria” recoñecido polo Goberno de Aragón, que forma parte da Red de Investigación en Atención Primaria (REDIAP) do Ministerio de Sanidad. Escribiu máis de 20 libros e 25 capítulos de libros e ten publicado máis de 300 traballos de investigación. É o director do Máster de Mindfulness da Universidade de Zaragoza, o máis antigo nese tema dunha universidade de fala hispana.

Podes ver a gravación desta charla seguindo o seguinte enlace "Salud mental en el momento actual".

Aquí podedes consultar o material informativo da charla en PDF.

Enganos e falsedades na Internet

Hoxe luns 4 de decembro asistimos a un TALLER sobre bulos e falsas informacións no mundo virtual. Os Centros oficiais de información europea Europe Direct Castelló e Ciudad Real organizan este Obradoiro dirixido a alumnado e profesorado destinado a abordar o crecente desafío de desinformación e noticias falsas, no contexto da Unión Europea. Este obradoiro contará coa participación de María Eugenia de la Rosa, oficial de Prensa da Representación da Comisión Europea en España e de Vivian Rangel, xornalista e técnica de alfabetización mediática da Fundación Maldita.es.

Se queredes pasar un rato... escaperoom.

Se queredes instrumentos para comprobar.... Caixa de ferramentas.

Dada a actualidade e a importancia do tema para o noso traballo, enlazaremos aquí a gravación do Obradoiro cando estea preparada.

Preparando o NADAL....

Estamos comezando o mes de decembro, entramos no Advento e con el entramos nun dos meses máis especiais do curso. Independentemente das ideas e das crenzas, estas datas conteñen elementos que poñen a proba os nosos sentimentos e emocións, xa sexa polos exames, polas notas ou polas vacións coas que partimos o curso...

O grupo de 2º de bacharelato B quere sumarse a un sentimento de futuro e quere compartir con todos vos esta felicitación.... Sorte e muitas felicidades e os mellores desexos para o 2024!!!!

V Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo

O domingo 19 e o luns 20 de novembro, as alumnas Sara Requejo Fernández, Marcela Pérez-Magdalena Villar e María Moledo de Diago participaron na V Sesión Autonómica do MEP (a alumna Claudia Loureiro García non puido asistir por enfermidade). Participaron como representantes de distintos países nas 4 Comisións temáticas propostas:

1. A saúde mental dos xoves en Europa.

2. A escasez de auga e o papel da UE.

3. A ética da Intelixencia Artificial.

4. O turismo sostible como forma de promover a economía local e rexional.

Un total de 50 xoves de 8 centros galegos (Los Sauces de Vigo, Los Sauces de Pontevedra, FEC san José de Lugo, IES Ribadeo, La Salle Santiago, IES Rosalía de Castro de Santiago, Colegio Eirís e colegio M. Peleteiro) máis os e as veteranos MEPalumni e participantes de edicións precedentes que exerceron de titores/as, coordinadores/as e asesores/as durante os 2 días de traballo, tanto na elaboración conxunta das Resolucións, como na propia Asamblea Xeral, nun exercicio de participación e democracia política de absoluto nivel e profesionalidade.

As alumnas do noso centro dialogaron. propuxeron, discutiron e interviron en todas as actividades propostas no proxecto, e, de seguro, terán experiencias e anécdotas para contar aos seus compañeiros e compañeiras que permitan dar continuidade a un proxecto ambicioso de colaboración e exercicio de democracia tolerante, de coñecemento da realidade europea e de reflexión consciente sobre os problemas que padece a nosa sociedade e as posibles solucións para evitalos nun futuro en común. 

Noraboa pois a estas 4 alumnas, porque traballaron duramente para chegar a esta participación!! 

 

 

 

 

Cronica3.com (22nov23)

TWITER

Entrevista en Cope de la costa Ribadeo (22nov23)

Amarinaxa.com (23nov23)

Distribuir contido


by Dr. Radut