Solicitude de envío do código PIN

ATENCIÓN:

Esta opción non aplica ás contas especiais para conectarse á WiFi do centro. Os estudantes que esqueceran o PIN e necesiten de novo, deben solicitalo no centro.

Neste apartado pode solicitar o envío do seu código PIN introducindo en primeiro lugar o seu DNI, NIE ou outro documento identificativo oficial co que estea rexistrado no sistema e, a continuación, indicando os datos de contacto(1) onde se lle enviará(2).

Unha vez introducidos, e pasado un tempo prudencial, recibirá o PIN, que poderá utilizar para activar a conta ou, se xa está activa, para cambiar o contrasinal, modificar o nome da conta ou desbloqueala.

(1) Para evitar solicitudes fraudulentas só lle indicamos a parte final do(s) seu(s) correo(s) electrónico(s) rexistrados na Consellería. Se desexa utilizar outros datos non rexistrados debe comunicalos.

(2) Exclúense aquí as contas que se conceden aos alumnos para o acceso ás WiFi dos centros.