Inicio


Aplicativo do Concurso Xeral de Traslados 2019 - 2020

Para ver o manual de usuario da aplicación. Prema aquí.
Para acceder á información relacionada co concurso xeral de traslados. Prema aquí.
Para acceder á información relacionada co concurso de traslados de orientación. Prema aquí.

 

 (06/02/2020)  Publicación da resolución provisional dos concursos de secundaria, inspección,  primaria, orientación, adultos primaria e adultos secundaria

O prazo, tanto para as reclamacións, como para as renuncias será:

    Concursos de secundaria, inspección, primaria e orientación desde o venres día 7 de febreiro ata o xoves 20 de febreiro, ambos incluídos

    Concursos de adultos de primaria e adultos secundaria desde o venres día 7 de febreiro ata o xoves 13 de febreiro, ambos incluídos

Os docentes que participen no concurso poden consultar a resolución provisional dende:

1. menú Listaxes concurso > Listaxes de resolución

2. menú Listaxes concurso > Documentos publicados

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

4º Na ligazón PDF Reclamacións  da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar.
 


 Pasos a seguir para renunciar:

1º Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

2º Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

3º Imprimir o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

4º Presentar o documento asinado.

 

(22/01/2020)  Publicación das listaxes de instancias coa baremación provisional do concurso xeral, adultos e orientación

Os docentes que participen no concurso poden consultar a resolución provisional dende:

1. menú Listaxes concurso > Listaxes de instancias

Ábrese prazo de reclamacións, previo á resolución provisional, dende o 22 de xaneiro ata o 27 de xaneiro do 2020.

Cando se publique a resolución provisional abrirase outro periodo de reclamacións.

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna "Prazo reclamación baremo provisional" e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

4º Na ligazón PDF Reclamacións  da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar mediante correo electrónico aos seguintes enderezos en función do corpo polo que participa: persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal
 

 ***********
 

O prazo de presentación das solicitudes é do 22 de outubro ao 12 de novembro.


AVISO IMPORTANTE: Lémbrase que as alegacións ao baremo deben facerse no enderezo:

http://www.edu.xunta.es/datospersoais cando o mérito non figure na dita aplicación ou figure incorrectamente;

e no enderezo:

http://www.edu.xunta.es/cxt cando o mérito figure correctamente en datospersoais pero non fose baremado ou non estea de acordo coa baremación en cxt.
 
No que respecta ao apartado 6.1 do baremo, no caso de presentar fotocopias de libros ou revistas non é preciso que veñan compulsadas.


Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de persoal correspondente:

Primaria:
Teléfonos:

981 545 495 -881 99 58 87- 981 544 487        
 
Ou ben a través do correo electrónico 
persoal.primaria@edu.xunta.es

 


Secundaria:

 

Teléfonos:
981 544 486 - 981 545 406
981 545 409 - 981 545 407
981 545 255 - 981 545 494 - 981 545 408

Ou ben a través do correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.es