Inicio

  • CONCURSO XERAL DE TRASLADOS (Código de procedemento ED012A)

Entre o día 14 de novembro de 2023 e o día 4 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos está aberto o prazo para formular solicitudes de participación no concurso xeral de traslados (CXT), convocado pola Orde do 24 de outubro de 2023 (DOG do 13 de novembro)

Durante este mesmo período, o persoal participante no concurso poderá actualizar ou modificar o seu expediente, no caso de que non estea completo ou exista discrepancia con algún dos datos contidos en calquera dos apartados deste, utilizando a solicitude normalizada do procedemento ED011A.

A solicitude presentarase obrigatoriamente a través do formulario normalizado accesible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/ e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia htpps://sede.xunta.gal

Para isto, deberá proceder do seguinte xeito:

1. Unha vez creada a solicitude de CXT, acceder á páxina web www.edu.xunta.es/datospersoais, premendo no menú Datos persoais

2. Identificarse mediante calquera dos mecanismos permitidos: correo de dominio edu.xunta.gal e contrasinal, Chave 365 ou certificado electrónico.

3. Premer na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú)

4. Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de concurso 2023 e premer no botón CREAR NOVA INSTANCIA

5. Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións. Neste paso deberá engadir na aplicación con cada alegación o documento xustificativo desta.

6. Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela Presentación en sede cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. Lembre que a solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática.


 

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto con:

Primaria:

Teléfonos:

981 544 483, 981 545 495, 881 995 887


 

Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es


Secundaria:

Teléfonos:

981 545 255, 981 545 406, 881 995 891

Ou ben a través do correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.gal

 

CONCURSO XERAL ESPECÍFICO ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO DO CORPO DE MESTRES PARA CUBRIR PRAZAS DE XEFATURA DE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2023-24 (Código de procedemento ED013A)

Entre o día 5 de decembro de 2023 e o día 28 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos está aberto o prazo para formular solicitudes de participación no concurso específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientacion, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2023 (DOG do 4 de decembro)

Se está participando ao mesmo tempo no concurso xeral de traslados e presentou alegacións, non é preciso que formule alegacións neste concurso específco.

No caso de que o expediente do persoal concursante non estea actualizado ou se discrepa dos datos contidos poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso específico coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED011A).

* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo de que se estableza para reclamacións e renuncias.

* Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación non concurso específico no procedemento código ED013A

Para acceder á información relacionada co concurso de traslados específico. Prema aqui

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto con:

Primaria:

Teléfonos:

981 54 44 83, 981 545 495, 881 99 58 87

Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es

 

CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO ENTRE O PERSOAL DOCENTE FUNCIONARIO DE CARREIRA PARA CUBRIR PRAZAS NOS CENTROS QUE IMPARTEN ENSINANZAS DE EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS 2023-24

Entre o día 5 de decembro de 2023 e o día 28 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos está aberto o prazo para formular solicitudes de participación no concurso específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas, convocado pola Orde do 17 de novembro de 2023 (DOG do 4 de decembro)

Se está participando ao mesmo tempo no concurso xeral de traslados e presentou alegacións, non é preciso que formule alegacións neste concurso específico.

O persoal participante neste concurso poderá actualizar ou modificar o seu expediente, no caso de que non estea completo ou exista discrepancia con algún dos datos contidos en calquera dos apartados deste, utilizando a solicitude normalizada do procedemento ED011A.

A solicitude presentarase obrigatoriamente a través do formulario normalizado accesible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/ e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia htpps://sede.xunta.gal

Para isto, deberá proceder do seguinte xeito:

1. Acceder á páxina web www.edu.xunta.es/datospersoais, premendo no menú Datos persoais

2. Identificarse mediante calquera dos mecanismos permitidos: correo de dominio edu.xunta.gal e contrasinal, Chave 365 ou certificado electrónico.

3. Premer na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú)

4. Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de concurso orientación/adultos 2023/2024 e premer no botón CREAR NOVA INSTANCIA

5. Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións. Neste paso deberá engadir na aplicación con cada alegación o documento xustificativo desta.

6. Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela Presentación en sede cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. Lembre que a solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática.

* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo de que se estableza para reclamacións e renuncias.

* Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación non concurso específico.

Para acceder á información relacionada co concurso de traslados específico. Prema aqui

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto con:

Secundaria:

Teléfonos: 981-957825, 981-545406, 881-995891

Ou ben a través do correo electrónico persoal.secundaria @edu.xunta.gal

Poden consultarse tamén máis abaixo a relación de preguntas e respostas máis frecuentes relacionadas coa alegación de méritos do persoal docente.


 


 


Relación de preguntas máis frecuentes sobre o procedemento