Antonia Ortiz Currais

A primeira inspectora de ensino primario en Galicia comprometida coa ensinanza e defensora da educación da muller
Este artigo achégase á figura de Antonia Ortiz Currais, a primeira inspectora de primeira ensinanza en Galicia. Faise un percorrido cronolóxico da súa traxectoria formativa e profesional e destácase a súa preocupación por facer da inspección un labor de axuda e apoio ao maxisterio. Ademais, destacou sempre por defender a educación das mulleres pois consideraba que, deste xeito, poderían enfrontarse á vida.

Rosa María Cid Galante
Doutora en Xeografía e Historia, licenciada en Psicopedagoxía e diplomada en Educación Xeral Básica
Profesora titular de Xeografía e Historia no Centro de Educación para Adultos (EPAPU) de Ourense
rosa@edu.xunta.es

Fonte: http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=236

 

Antonia naceu no Corgo en 1886 e era filla de María (Concepción) Currais Blanco (1). Despois dos seus estudos de primaria, fixo os estudos elementais de Maxisterio. Entre os anos 1902 e 1904 matriculouse na Escola Superior de Maxisterio da Coruña (2).

Solicitude de ingreso na Escola Superior de Maxisterio

Fonte: A.H.U.S, Expediente de Antonia Ortiz, Caixa 2344

Cédula persoal

Fonte: A.H.U.S, Expediente de Antonia Ortiz, Caixa 2344

En 1904 realizou a reválida de Maxisterio elemental e en 1905 a de Maxisterio superior ante un tribunal cuxa presidenta era dona Perfecta Castro.

Acta do exame de reválida de Maxisterio elemental, 1904

Fonte: A.H.U.S, Expediente de Antonia Ortiz, Caixa 2344

Acta do exame de reválida Maxisterio superior, 1905

Fonte: A.H.U.S, Expediente de Antonia Ortiz, Caixa 2344

 

Aprobou as oposicións en Santiago de Compostela en 1908 cunhas cualificacións brillantes e obtivo o seu primeiro destino na Escola Graduada de Nenas en Pontevedra. Dos logros de Antonia escribiuse na prensa da época:

Ha regresado de Santiago a donde fuera con objeto de tomar parte en las oposiciones últimamente verificadas para proveer varias escuelas del distrito universitario la Señorita Antonia Ortiz Curráis, hija de la maestra de Corgo, Doña María.

La Señorita Ortiz, que es una joven muy competente y estudiosa, ha hecho unos ejercicios brillantes, según hemos sabido por personas que los han presenciado…(3).

En 1911 foi trasladada á Auxiliaría da Escola Superior Graduada de Cidade Real, dotada con 1100 pesetas, pero ao ano seguinte regresou a Pontevedra.

Antonia comezou a escribir na prensa diversos artigos nos que abordaba temas sobre pedagoxía, a mellora da educación e a formación dos docentes. Con estes escritos ía gañando o recoñecemento do maxisterio e da sociedade en xeral. No periódico El Diario de Pontevedra, asinou un artigo titulado «Por la enseñanza» no que criticaba o estado de abandono dos edificios escolares da Normal de Pontevedra e do seus anexos, o que, segundo ela, era unha mostra e manifestación evidente da despreocupación e desidia que tiñan as institucións locais pola ensinanza ao non lle poñer remedio ás súas deficiencias (4).

No seu interese de contribuír á mellora da ensinanza, quixo acceder á función inspectora cando, mediante o Real decreto do 7 de febreiro de 1913, se creou este corpo que ata entón viña sendo desempeñado por homes: (5)

Inspección femenina, a cuya gestión habrá de confiarse un número prudente de escuelas de niñas. Se trata de un ensayo al cual va resueltamente el Ministro que suscribe, deseoso de contribuir a la obra iniciada en anteriores disposiciones de este departamento, por las cuales la mujer va logrando en España las facilidades necesarias para realizar su vida y toda la posible colaboración en la función docente. Es de esperar que las nuevas inspectoras cumplirán su misión con tal eficacia que anime a dar mayor alcance a este ensayo, cuyo desarrollo en la práctica servirá de norma para adoptar las determinaciones que se estimen más útiles (6).

Nun principio as novas inspectoras tiñan que visitar as escolas de nenas, pero a Orde da Dirección Xeral do 30 de setembro de 1920 permitiulles visitar tamén as mixtas.

A creación do corpo de inspectoras foi bastante celebrado e considerouse un grande acerto xa que propiciaría o «renacemento das escolas de nenas» tal como Micaela Díaz Rabaneda manifestou nunha das súas conferencias na Unión Patriótica en maio de 1929:

Si con cuanto queda consignado he podido hacer resaltar el importante papel que la mujer desempeña en la enseñanza, creeré no haber perdido el tiempo…la intervención de la mujer en la enseñanza es de felices resultados, porque saben las mujeres, con no aprendida ciencia, hablar a un tiempo mismo a la inteligencia y al corazón; porque saben dar la nota exacta y buscar el sentimiento y encontrarlo en lo que más cautiva; ya que conocen la cuerda de la sensibilidad que debe recibir la percusión de lo bello, y allí hieren; pero con ese limpio cuidado refinamiento del que posee aptitud para gozar el placer inmmaterial, el que no acierta, con medios adecuados de expresión, lo inefable (7).

Dous anos despois do Real decreto, en 1915, Antonia matriculouse na sección de Letras da Escola Superior de Madrid para formarse para inspectora e, ao rematar, no ano 1918, foi proposta polo Claustro da Escola de Estudos Superiores do Maxisterio para ser inspectora de Ourense cun soldo de 4000 pesetas.

 

A chegada e a pronta integración en Ourense da primeira inspectora de Galicia

Antonia Ortiz foi nomeada o 19 de xullo de 1920 como inspectora de primeira ensinanza na provincia de Ourense (8). A provincia ourensá recibiría á primeira inspectora de Galicia con grande acollemento. Antonia dixo:

Orense me ganó desde el primer momento. Nunca he pensado en salir de aquí por muchas facilidades que me he encontrado para el desempeño de mi profesión y por el afecto que siempre me han tenido los orensanos (9).

Foi unha inspectora traballadora e dilixente que gañou o respecto dos seus homólogos, os inspectores de Ourense, que eran Benito Luís Lorenzo, Daniel Rodríguez Rubín, Antonio Couceiro e Manuel Maceda cando ela chegou. Tomaba a palabra nas sesións de Inspección para facer as propostas que consideraba necesarias para mellorar a función inspectora e eran unanimemente aceptadas.

Chegada a Ourense, correspondeulle visitar as escolas de nenas da zona de Allariz, Ribadavia, Viana do Bolo, Mezquita, Montederramo, Trives, A Gudiña e Verín. Esta repartición non respectaba o que indicaba a lei sobre que as inspectoras supervisasen as escolas que estivesen máis próximas á capital e fosen de fácil acceso; por tal motivo, Antonia manifestou nunha xunta de inspectores que varias das escolas que tiña que visitar estaban moi distantes e non había medios para acceder a elas, o que menoscababa o seu labor como inspectora e isto era unha situación que a preocupaba. Daquela, levouse a cabo outra repartición e Antonia tería ao seu cargo 106 escolas de nenas distribuídas nos diferentes partidos, pero que tiñan un fácil acceso (10).

Co paso dos anos, fóronse incorporando máis mulleres na inspección de primeira ensinanza en Ourense e as reparticións foron máis equitativas. Antonia Ortiz fíxose cargo da zona de Ribadavia, onde desenvolvería un labor encomiable: «Hasta el año 30 fui la única inspectora femenina de la provincia, después, cuando se crearon las restantes, desempeñé las de Barco, Allariz, Ribadavia y Carballiño» (11) dixo na entrevista que lle fixeron cando se xubilou.

Levou a cabo as funcións de inspección coa profesionalidade debida, asesorando o maxisterio: «Siempre di con personas que cumplieron mis consejos en la medida en que cada cual era capaz de realizarlos» (12); visitando as escolas; facendo un labor de servizo e apoio á comunidade educativa e acudindo aos tradicionais festivais que se realizaban ao final do curso para expoñer os traballos dos escolares. Neles pronunciaba un discurso nos que gababa o labor dos docentes, animaba e felicitaba o alumnado e defendía a educación como un ben para o progreso. Adoitaban ser discursos moi aplaudidos pola súa emotividade e vehemencia: «Entre mis mayores satisfacciones estaba, en especial, las visitas a las escuelas, en las que me he considerado siempre como una maestra más, recogiendo todo el encanto y toda la inocencia del contacto con los niños» (13).

Asistía aos certames que se organizaban para todo o maxisterio nos que se disertaba sobre temas que entrañaban interese pedagóxico. Inscribiuse no I Congreso Nacional de Educación Católica que se organizou no verán de 1924 e participou nas deliberacións que se tomaron sobre diversos temas educativos (14).

Preocupáballe o estado deficiente do ensino, pois sabía que repercutía negativamente no bo facer dos docentes e procuraba defender e apoiar sempre o maxisterio. Cando en 1928 tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea de Mestres para reivindicar as melloras nas condicións laborais (como a creación da Facultade de Pedagoxía en todas as facultades, descentralización das oposición restrinxidas, petición de que non se crearan soldos inferiores a 4000 pesetas…), Antonia, xunto con outros inspectores, enviou e asinou un escrito no que se adhería ás peticións da asemblea. Un xesto que demostraba que Antonia exerceu o labor de inspectora sen desvincularse dos mestres e mestras e facéndose partícipe dos seus problemas e demandas:

La labor del maestro es dura. Sobre todo en las zonas alejadas de centros urbanos, no tan solo por la falta de comunicación, sino también por el aislamiento en que viven de los centros naturales. Luego está el terrible problema de los locales deficientes y de la carencia de viviendas, problema que poco a poco se va resolviendo merced a los esfuerzos de las autoridades del Ministerio y al celo del Gobernador civil que está realizando una labor de mucho mérito en este aspecto (15).

O prestixio e recoñecemento social da nosa inspectora valeulle que fose condecorada en 1929 coa Medalla de Prata pola Mutualidade escolar polo seu brillante labor en prol da previsión infantil.

Amais disto, outro dos compromisos de Antonia Ortiz foi a educación da muller. Era consciente da relegación da muller na sociedade, por iso non aforrou palabras nas súas alegacións para defender que a muller puidese acceder aos estudos e acadase os seus logros. Aproveitaba todas as ocasións para manifestar publicamente o deber de formar as mulleres. De feito, propiciou en Leiro que as mestras da zona lles impartisen clases de xeito altruísta ás mulleres analfabetas. Outro labor que loou e defendeu foi a Escola Obreira Inmaculada Concepción que se creou na capital ourensá en 1920 baixo a dirección de Blanca Calvo (16). Adoitaba acudir aos eventos programados por esta escola e honrosamente daba discursos nos que destacaba o labor desta institución cuxa preocupación principal era a formación das mulleres adultas. Antonia, nunha entrega de premios ás alumnas da escola deu un emotivo discurso:

La necesidad de la cultura en la mujer revélase por el crecido número de alumnas que todos los años acuden a matricularse a la escuela. Estas alumnas…están convencidas de que la mujer educada, la mujer instruída, encontrará más facilidad para vencer los obstáculos que la vida ofrece y porque saben también estas jóvenes que si la cultura es necesaria desde el punto de vista material lo es mucho más desde el punto de vista moral, porque la mujer que ha cultivado su inteligencia y ha adquirido determinados conocimientos y ha recibido educación, sabe luchar con hornadez, sabe afrontar con valentía los momentos difíciles que a veces asedian…(17).

É por iso que se converteu nunha muller moi activa que logrou compaxinar o seu traballo con outras numerosas facetas para tentar levar adiante os propósitos que ela defendía. Impartía cursos sobre pedagoxía ou orientación profesional para perfeccionamento dos docentes; formou parte da Xunta Provincial de Protección dos Orfos do Maxisterio Nacional; tamén no Consello Provincial de Primeira Ensinanza como secretaria suplente. Participaba en actos de carácter altruísta e daba donativos a roupeiros para nenos e nenas sen recursos. En definitiva, todo un referente para a cidade, pois estivo omnipresente en numerosos actos e organismos e foi, ademais, unha das primeiras socias do Ateneo de Ourense xunto con Ramona Ochoa Carrasco.

 

Fundadora das cantinas escolares en Ourense

A situación dos nenos e nenas faltos de recursos e que non ían á escola era algo que inquietaba a Antonia. Por iso promoveu a creación das cantinas escolares en Ourense que se inauguraron en xaneiro de 1922. Recoñecería máis tarde que era do que máis orgullosa se sentía.

Seguramente, a nosa inspectora era coñecedora da orixe e experiencia das caixas escolares francesas e asimilou a idea para a nosa cidade (18). As cantinas escolares establecéronse no antigo quiosco de la Peña, que estaba instalado na alameda, fronte ao hospital de San Roque. Ao acto de inauguración concorreron as institucións locais: o alcalde, Sr. Villanueva; o gobernador civil, Sr. Rosón; o bispo, Sr. Florencio Cerviño; a directora da Escola Normal de Mestras, Sra. López Pardo, así como profesores e inspectores de Ourense. Dirixiu o acto dona Antonia Ortiz, pois esta fundación benéfica foi iniciativa dela. As cantinas estaban destinadas a conseguir a boa asistencia dos nenos pobres á escola e a remediar a miseria en que se desenvolvía a infancia das clases traballadoras pois o seu destino era o traballo prematuro. Comezaron asistindo ás cantinas 24 nenos e aumentou en pouco tempo a 36 (19).

Hemeroteca La Región, 30 de xaneiro de 2020

 

O sostemento das cantinas era responsabilidade das institucións, pero tamén contribuían as doazóns públicas en cotas desde os dez céntimos ata unha peseta. Recadáronse bastante fondos, pero cumpría máis para poder ter seguridade de continuidade xa que os gastos mensuais se elevaban a 489 pesetas e os ingresos por subscrición non pasaban dunha media de 180. O gobernador civil achegara 250 pesetas como primeira partida, pero logo a Deputación tamén achegaba unha cantidade para o mantemento das cantinas.

Fotografía que mostra a cantina escolar de Ribadavia en 1934, dirixida naquel momento por Antonia Ortiz Currais (1886-1985), quen nese mesmo ano promove a organización da Semana Pedagóxica de Ribadavia. Con anterioridade dirixira a cantina escolar de Ourense. Museo Etnolóxico Ribadavia

          

Dona Antonia Ortiz sumou un recoñecemento máis na cidade ao poñer especial interese na creación desta institución. Conseguiu que este establecemento estivese entre os mellores do país, pois contaba cun excelente servizo de cociña que estaba a cargo das Hermanas de la Cocina Económica e porque contaba cun persoal que colaboraba desinteresadamente. Dona Antonia Ortiz implicaba o alumnado normalista e na propia Normal realizábanse comidas e repartición de roupa para os nenos das cantinas. Os deputados da provincia en Madrid resaltaron no Congreso dos Deputados as actividades das cantinas escolares e o labor da inspectora Antonia Ortiz, co que conseguiron que o Estado concedese tres mil pesetas de subvención.

Ao ser a inspectora da zona de Ribadavia, tamén realizou esforzos para que se instalase unha cantina escolar. O seu compromiso coa vila levouna a que lle solicitase á Corporación Municipal este servizo que para ela era primordial. E deu resultado, pois inaugurouse o 20 de abril de 1924. Ademais da cantina tamén creou a mutualidade e o roupeiro escolar.

 

A súa formación no estranxeiro e traxectoria profesional ata a súa xubilación

En Ribadavia desempeñou con moito acerto a súa función e tamén procurou que a ensinanza chegase a todos os nenos e nenas da comarca. Amais disto, quixo que o profesorado reforzase a súa formación e de aí que organizase a Semana Pedagóxica que se celebrou desde marzo ata o 31 de abril de 1934:

En la semana pasada hemos tenido el gusto de saludar en esta villa a la culta y prestigiosa inspectora de Primera enseñanza, señorita Antonia Ortiz Currás, que se halla visitando las escuelas nacionales del distrito de Ribadavia.

En su amena charla, la señorita Ortiz nos ha enterado del propósito que la anima a celebrar la Semana Pedagógica en Ribadavia el próximo mes de septiembre, con la colaboración decidida de todos los maestros nacionales del distrito, con quienes desea tener una reunión previa en día que no sea laborable a fin de cambiar impresiones y asegurar el mayor éxito de tan excelente idea.

Noticia es esta que causará grata impresión en el seno de la colectividad docente donde se ansía la mayor perfección cultural para el Magisterio y para la escuela (20).

Fonte: Vida gallega: ilustración regional: Año XXVI Número 595 - 1934 junio 10

 

Houbo charlas sobre métodos de ensinanza das diferentes materias, sobre temas médicos e coidados e hixiene da infancia, conferencias de ilustres mestres como Amadeo L. Bello e conseguiu que os demais inspectores da provincia impartisen as súas comunicacións, como o inspector Manuel Maceda que disertou sobre metodoloxía escolar e psicoloxía; a inspectora María Cid falou sobre a importancia de coñecer o neno nos seus aspectos físico e psicolóxico para saber a súa capacidade de aprender; a inspectora Aurora Maceda disertou sobre a ensinanza da linguaxe… A iniciativa resultou un éxito pola gran participación de docentes do distrito ribadaviense que nun ambiente de colaboración e fraternidade intercambiaron iniciativas pedagóxicas que rompían cos vellos moldes da escola clásica e daban paso a unha escola nova e máis activa. Para festexar o éxito da Semana Pedagóxica e en obsequio a Antonia Ortiz celebrouse o 31 de abril un banquete no Hotel Castilla de Ribadavia. Para Antonia Ortiz o mestre debía ser: «Yo creo que ha de ser abnegado, desinteresado, puntual, buen cumplidor de las disposiciones oficiales y, sobre todo, poseer una vocación, un amor, y una paciencia a toda prueba» (21).

Como muller interesada pola renovación da escola e especialmente pola ensinanza preescolar, solicitou en 1935 a bolsa para unha estadía de dous meses en países europeos onde a atraeu especialmente o modelo da casa dos pequenos en Xenebra e as escolas de Bélxica e Francia onde se practicaba o modelo Decroly; tamén a organización das escolas graduadas. Estudou Selección e Orientación Profesional e estaba moi interesada polo tema da renovación pedagóxica (22).

Froito da súa defensa dun ensino renovado, Antonia, considerou os mestres da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense bos mestres. O seu afán por apoiar o maxisterio implicado fixo que tamén sufrise a presión do franquismo. Antonia apoiou e declarou a favor de Raúl González, un gran mestre defensor da escola nova e dunha aprendizaxe baseada na metodoloxía de Decroly. Raúl era un recoñecido republicano que foi detido en 1938 e condenado a morte, pero logo foille imposta pena de 15 anos de cárcere e unha inhabilitación de por vida para exercer a docencia (23). Por este motivo, no ano 1936 Antonia foi trasladada a Lugo, concretamente a Viveiro, e foi cesada nesta provincia o 24 de setembro de 1936 por orde do Excmo. Señor Comandante Militar de Ourense. Integrouse no seu cargo nesta provincia cumprindo o oficio do Excmo. Señor Gobernador Civil, presidente da Comisión Depuradora, en 1938. É cesada de novo en outubro dese mesmo ano e pasa a formar parte do persoal de Lugo para, novamente, volver á nosa provincia o 25 de novembro de 1939 (24).

De volta en Ourense continuou participando en eventos pedagóxicos e en cursos de orientación profesional para o maxisterio de ensinanza primaria como o realizado en setembro de 1939 no Teatro Círculo de las Artes onde disertou sobre «La labor de la escuela primaria en la obra de reconstrucción nacional».

En 1956, xa xubilada, recibiu a Medalla Afonso X o Sabio por proposta do Consello de Inspección de Educación Primaria en Ourense por toda a súa traxectoria e mérito laboral e profesional.

Diligencia de cese de la Srta. Ortiz

En el día de la fecha, ante D. Emilio Nogueira Dacosta, Inspector jefe de Enseñanza Primaria de esta provincia y la Inspectora que suscribe como Secretaria de este consejo de Inspección, ha cesado en su cargo y sueldo... la inspectora de Enseñanza Primaria de esta plantilla doña Antonia Ortiz Currais, por haber cumplido la edad reglamentaria para la jubilación forzosa, con fecha quince anterior. Y para que conste extiendo la presente, con el visto bueno del señor inspector jefe y sello de esta oficina, en Orense, a veinticinco de junio de mil novecientos cincuenta y seis (25).

A prensa local fíxolle unha entrevista na que resumiu a súa traxectoria profesional e a paixón pola súa profesión. A continuación transcríbese literalmente un extracto desta conversa:

–¿Fue, pues, el Magisterio, la única preocupación de su vida?

–Nada más. A él me entregué por completo, lo mismo como maestra que como inspectora, desde el primer momento.

–¿Cuál de estas misiones es más delicada?

–La de maestra, por tener a su cargo unas almitas en formación.

–¿Y de mayor responsabilidad?

–La de inspectora, por la influencia que ha de ejercer sobre los educadores de los niños.

–Dígame una cosa. ¿Cuál ha sido su mayor alegría desde que pertenece al Magisterio?

–La celebración de una Semana Pedagógica en Ribadavia, el año 34, con asistencia de todos los maestros y maestras del partido judicial.

–Para terminar ¿querría darme algunos consejos para los maestros?

–¿Y qué puedo decirle yo? Que sean leales en el cargo y que se renueven constantemente en el aspecto cultural, todo ello en un espíritu de religiosidad y de patriotismo.

 

NOTAS:

(1) María Currais acadou o título superior de Maxisterio na Escola Normal da Coruña en 1891. Un dos primeiros destinos da nai de Antonia foi Riveras del Miño en Pantón e logo unha escoliña dunha vila do Irixo na provincia de Ourense. En 1892 déronlle en propiedade a escola incompleta mixta da vila de Tor, en Monforte de Lemos, na que permaneceu ata 1895, ano no que se trasladou á escola de Anceu en Ponte Caldelas onde, por certo, fixo petición dunha casa escola, pois non se lle ofrecera. Posteriormente, solicitou as escolas do concurso único na Coruña, pero non lle deron, foi entón cando obtivo a praza en propiedade no Corgo no ano 1908. O seu último destino foi a escola da vila de Nadela na provincia de Lugo, alí exerceu ata xubilarse en 1923.

María foi unha mestra que defendeu nas Conferencias Pedagóxicas celebradas o día 21 de 1903 en Lugo a creación das escolas para adultas, pois consideraba necesario que as mulleres tivesen ocasión de fornecer a súa cultura. Amais disto, foi protectora das cantinas escolares, pois sabía da importancia de protexer a infancia máis necesitada. Toda esta inquedanza será sementeira para que a súa filla Antonia tamén avogase pola formación das mulleres e pola axuda aos máis necesitados, como teremos ocasión de comprobar.

Cando María Currais se xubilou, veu residir a Ourense coa súa filla Antonia, que xa estaba exercendo de inspectora. Ambas as dúas asistían a diferentes actos que se realizaban na cidade como, por exemplo, a homenaxe que se lle tributou a Basilio Álvarez o 12 de outubro de 1928 e para o cal elas contribuíron economicamente achegando unha cota de 25 céntimos

(2) El Noroeste, 7 de maio de 1904, p. 1; La idea moderna, 5 de marzo de 1908, p. 2.; El Progreso, 4 de decembro de 1909, p. 2; El magisterio español, núm. 3632, 19 de agosto de 1911, p.13; El magisterio español, núm. 4647, 17 de xullo de 1915, p. 2; El Compostelano, 24 de xuño de 1920, p. 2; 27 de xullo de 1920, p. 3; 10 de agosto de 1920, p. 2; 8 de abril de 1920, p. 2; 26 de xaneiro de 1921, p. 2.

(3) La idea moderna, 5 de marzo de 1908.

(4) Ortiz Currais, Antonia, «Por la enseñanza», El Diario de Pontevedra, 9 de febreiro de 1912, p.1.

(5)  Flecha García, Consuelo, La inspección de Primera Enseñanza en España del primer tercio del siglo XX. Modelo, contexto y protagonistas, Historia Caribe, volume XIII, 53, xullo e decembro de 2018, pp. 177-218.

(6) Real decreto do 7 de febreiro de 1913. Gaceta de Madrid do 9 de febreiro, 338.

(7) Díaz Rabaneda, Párrafos de una conferencia, Mujeres españolas: revista bisemanal exclusivamente patriótica, núm. 9, 9 de maio de1929.

(8) ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE OURENSE (AHPOu), Personal de la inspección, caixa 24121.

(9) Álvarez Alonso, Doña Antonia Ortiz Currais. Inspectora de Primera Enseñanza jubilada, entrevista publicada en La Región, 25 de novembro de 1956, p. 3.

(10) Arquivo da Delegación Provincial de Educación de Ourense (ADPOu), Sesións de reunións dos inspectores de Ourense, libro 245.

(11) Álvarez Alonso, Doña Antonia Ortiz Currais, Inspectora de Primera Enseñanza jubilada… Op.cit.

(12) Ídem.

(13) Ídem.

(14) I Congreso Nacional de Educación Católica, La Región, 29 de marzo de 1924, p. 1.

(15) Álvarez Alonso, Doña Antonia Ortiz Currais, Inspectora de Primera Enseñanza jubilada… Op.cit.

(16) Cid Galante, Rosa María, Escola Obreira Inmaculada Concepción. Unha iniciativa altruísta de comezos do século XX que ofrecía a oportunidade de instruír as mulleres adultas ourensás, Revista Eduga, núm. 78, xullo-decembro 2019.

(17) Discurso pronunicado por la inspectora de primera enseñanza de esta provincia Doña Antonia Ortiz Currais, El maestro orensano, núm. 126, 6 de xuño de 1928, pp. 1-2.

(18) As cantinas naceron das caixas escolares francesas. En 1849 os gardas nacionais dun dos distritos de París, ao liquidaren a súa caixa, atopáronse cun sobrante. Alguén indicou que aquel diñeiro podería destinarse a proporcionarlles roupas e calzado aos nenos pobres que asistían ás escolas. A idea foi ben acollida e, a partir de entón, creáronse asociacións para proporcionar, non só roupa, senón tamén alimentos aos nenos. Martínez Martí, José, Cantinas escolares, La Zarpa, 6 decembro de 1929, p. 6.

(19) Cantinas escolares. Inauguración, La Zarpa, 30 de xaneiro de 1922, p.1; 3 de febreiro de 1922, p. 3; 3 de xuño de 1922, p. 1; 7 de xuño de 1922, p. 1; Para las gentes caritativas, La Zarpa; 17 de novembro de 1923, p.1; Para las cantinas escolares de Orense, La Zarpa; 10 de abril de 1929, p.1.; Para las cantinas escolares, La Región, 10 de abril de 1935, p. 1; Inauguración de la cantina escolar, La Región, 20 de abril de 1934, p. 1.

(20) Desde Leiro, La Zarpa, 8 de xuño de 1933.

(21) Álvarez Alonso, Doña Antonia Ortiz Currais, Inspectora de Primera Enseñanza jubilada… Op.cit.

(22) Vid: Marín Eced, Teresa (1991). Innovadores de la educación en España: becarios de la junta para ampliación de estudios, Servicio de publicaciones de la Universidad de Castilla-La Mancha, pp. 377 e 387-388; HERNÁNDEZ DÍAZ, José María (2019), La pedagogía belga y la innovación educativa en España, 1900-1936), Influencias belgas en la educación española e iberoamericana, Salamanca: Universidad de Salamanca, p.171; Porto Ucha, Ángel S. e Vázquez Ramil, Raquel (2019). En el centenario del Instituto-Escuela. Obra educativa de los institucionalistas. España: Ceasga (publicación en liña), pp. 117-118.

(23) Cid Fernández, X. M. (2010). Educación e ideoloxía en Ourense na II República. Santiago de Compostela: Andavira Editora.

(24) AHPOu, personal, Libro registro personal. Personal de la Inspección, (1932-1968), C-24121/11.

(25) AHPOu, Libro registro de inspectores (1947-1971), p. 41, C-24121/12.

 

 

 

Bibliografía: 

 

 

Cid Fernández, X. M. (2010). Educación e ideoloxía en Ourense na II República. Santiago de Compostela: Andavira Editora.

Cid Galante, R. M. (2019). Escola Obreira Inmaculada Concepción. Unha iniciativa altruísta de comezos do século XX que ofrecía a oportunidade de instruír as mulleres adultas ourensás. Revista Eduga, núm. 78, xullo-decembro 2019.

Flecha García, C. (2018). La inspección de Primera Enseñanza en España del primer tercio del siglo XX. Modelo, contexto y protagonistas, Historia Caribe, volume XIII, 53, xullo e decembro de 2018.

Hernández Díaz, J. M. (2019). La pedagogía belga y la innovación educativa en España, 1900-1936), Influencias belgas en la educación española e iberoamericana. Salamanca: Universidad de Salamanca

Marín Eced, T. (1991). Innovadores de la educación en España: becarios de la junta para ampliación de estudios. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.

Porto Ucha, Á. S. e Vázquez Ramil, R. (2019). En el Centenario del Instituto-Escuela.  Obra educativa de los institucionalistas. España: Ceasga (publicación en liña).

 

 

Sección: