Nena e o mar

 

Título: Nena e o mar

Autora: Érica Esmorís

Editorial: Xerais

Ano: 2015

Páxinas: 192

Contido:

Nena e o mar é unha novela de aventura, de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible.Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa dasSereas. Desde entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e, con toda a forza de vontade, empeño e  valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar o seu pai.Nena e o mar foi merecedora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.

 

Sección: