XXVI Congreso de ENCIGA 2013

ENCIGA ( Ensinantes de Ciencias de Galicia) leva xa un longo percorrido a prol da ciencia e a súa didáctica. Coa intención de facer posible o coñecido lema de Fenelón: “Docere, movere et delectare”, (aprender, motivar e desfrutar), organiza os días 21, 22 e 23 de novembro de 2013 no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense o seu XXVI Congreso .

A data límite para a inscrición é o 14 de novembro de 2013.

Toda a información sobre o formato de presentación, condicións de participación e inscrición dispoñible na web de ENCIGA.