Campus de Afondamento Científico

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, na Resolución do 23 de marzo de 2015, convoca axudas para participar no programa «Campus de Afondamento Científico para estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria» en Soria.

A estancia combina obradoiros en cada unha das áreas científicas, con distintas experiencias e simulacións prácticas, de elevado interese para o alumno, como forma de facer atractiva a ciencia e complementar a formación recibida nos seus respectivos centros. Ao mesmo tempo, a participación no Campus inclúe diversas excursións e actividades lúdicas que redundan na formación non só científica, senón tamén social, cultural, histórica e ambiental dos participantes, nun ámbito de convivencia e de intercambio de experiencias.

O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada unha, que terán lugar nas seguintes datas:
Primeira quenda: Do 6 ao 16 de xullo de 2015.
Segunda quenda: Do 17 ao 27 de xullo de 2015.

O prazo de solicitude remata o 1 de maio de 2015.

Toda a información nesta ligazón