Primeira Liga Maker Drone

A Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia presentan a liga Maker Drone, unha iniciativa única en España que reúne as máis modernas e ambiciosas metodoloxías educativas para preparar na excelencia aos alumnos de secundaria.

A competición é un reto educativo e tecnolóxico baseado no uso dos drons: os participantes terán que dar solución a un problema social concreto que se lles exporá. Contarán para iso cun dron, formación e orientación por parte da organización.

Poden participar os alumnos de 3º de ESO no curso 2021/22 de calquera colexio de Galicia. Un equipo debe estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 7 integrantes, acompañados de 2 suplentes e 1 coordinador (profesor-titor) que terá un rol activo no desenvolvemento das actividades e do traballo autónomo do equipo.

O prazo de preinscrición vai desde o 10 de xuño ata o 1 de outubro de 2021.

Toda a información