Xeración docentes

Fundación Princesa de Xirona

Tras anos de experiencia na formación de docentes, centrada no desenvolvemento da competencia emprendedora e a aprendizaxe baseada en proxectos, a Fundación Princesa de Xirona promove un programa orientado ao desenvolvemento profesional de futuros docentes, centrando a actividade da súa área educativa na mocidade.

O programa selecciona anualmente a 30 mozos e mozas (que teñan como máximo 25 anos no momento de realizar a súa solicitude) para que realicen as súas prácticas nunha escola rural de referencia de Aragón, Estremadura ou Galicia coa finalidade de que se convertan en docentes transformadores, con capacidade para innovar e xerar solucións aos grandes retos educativos.

A nova convocatoria ten aberto o prazo de solicitude ata o 31 de marzo de 2021.

Máis información

Palabras clave: