O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

  • Maqueta Abalar Libre
    NOVA DE ACTUALIDADE 22/03/2019

    Maqueta Abalar Libre: Nova actualización do software OpenBoard

    Xa está operativa unha nova actualización do software "OpenBoard" (versión 1.5) para todos os equipos que teñen instalada a maqueta Abalar (Edixgal/Abalar).

  • Maqueta Abalar Libre
    NOVA DE ACTUALIDADE 15/03/2019

    Maqueta Abalar Libre: Nova versión do actualizador Abalar (versión 1.6)

    Xa está dispoñible a nova versión do actualizador Abalar 1.6 que incorpora como principal novidade a posibilidade de desactivar, por parte do usuario, a funcionalidade de actualización automática na versión 18 da maqueta Abalar Libre (versión actual). Esta nova funcionalidade non está dispoñible para as versións anteriores da maqueta.

  • Maqueta Abalar Libre
    NOVA DE ACTUALIDADE 01/03/2019

    Maqueta Abalar Libre: Actualización dos navegadores web Mozilla Firefox e Chromium nas maquetas Abalar

    Actualmente, na maqueta Abalar, non se estaban actualizando a versións recentes os navegadores web Mozilla Firefox e Chromium, coa finalidade de poder garantir que algúns dos recursos educativos que empregaban tecnoloxías Flash ou Java continuasen funcionando axeitadamente.

  • Maqueta Abalar Libre
    NOVA DE ACTUALIDADE 15/02/2019

    Maqueta Abalar Libre: “Restaurar Escritorio”: unha nova funcionalidade na maqueta Abalar

    O sistema operativo Abalar, tanto da versión do equipamento Edixgal como da maqueta AbalarLibre, inclúe unha nova funcionalidade: a de restauración do Escritorio.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 07/02/2019

    Abalar: Detalles sobre as actuacións do Plan DigiTalent do 1º trimestre do 2019

    A continuación recóllense as últimas novidades sobre as actuacións do catálogo DigiTalent do primeiro trimestre do ano 2019, orientadas a achegar as novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos/as:

  • Maqueta Abalar Libre
    NOVA DE ACTUALIDADE 31/01/2019

    Maqueta Abalar Libre: Nova versión da maqueta Abalar Libre (versión 18)

    Publicada e dispoñible no portal web de espazoAbalar, dentro do temático "Maqueta Abalar Libre", a nova versión 18 da maqueta Abalar.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 28/01/2019

    Abalar: A Xunta pon en marcha o grupo de traballo para crear contidos educativos dixitais innovadores no marco do Proxecto Abalar

    • Docentes de diferentes centros educativos xunto con profesionais do sector TIC e do audiovisual elaborarán os recursos empregando tecnoloxías como a realidade aumentada, a gamificación ou a intelixencia artificial
    • Antes de xuño o profesorado do proxecto validará os primeiros contidos
  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 28/01/2019

    Xunta de Galicia: III Concurso Literario Infantil sobre a protección de datos

    Destinatarios/as

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 25/01/2019

    Abalar: DigiTalent – Lanzamento 2ª edición Tecnólogo por un día

    Tras a boa acollida e o interese espertado coa primeira experiencia do programa Tecnólogo por un día, a Amtega activa a súa segunda edición ofrecendo novas prazas para que estudantes de 12 a 17 anos coñezan en primeira persoa as dinámicas que dominan ás profesións tecnolóxicas da man de empresas TIC galegas.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 21/12/2018

    Abalar: DigiTalent – Novas actuacións para impulsar as vocacións STEM

    A partir de xaneiro activaranse novas actuacións do catálogo DigiTalent, o Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, para o fomento das vocacións STEM nas que os centros educativos están chamados a ter un papel protagonista:

  • E-Dixgal
    NOVA DE ACTUALIDADE 17/12/2018

    E-Dixgal: Dispoñibles os contidos de Inglés de Pearson no EVA de EDIXGAL

    Os preto de 21.000 usuarios do Proxecto Abalar, dos 267 centros educativos, contan desde hoxe cun cuarto provedor de Inglés, a Editorial Pearson. Estes contidos complementan ás 750 unidades didácticas de 45 materias dos provedores Netex Learning e Edebé, que están integradas na plataforma do libro dixital, ás que se suman as unidades, recursos complementarios e acceso ao banco de contidos da Editorial Planeta, e aos máis de 3.200 contidos dixitais creados polos propios docentes galegos.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 16/11/2018

    Abalar: DigiTalent – Aberto prazo de inscrición GenTech

    Durante os meses de novembro e decembro os centros educativos poden inscribirse na iniciativa GenTech para promover o atractivo vocacional das carreiras STEM entre o alumnado de bacharelato e impulsada pola empresa Altia no marco do Plan DigiTale