O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 07/11/2011

    Xunta de Galicia: 159 centros educativos de Galicia melloraron a súa conexión e xa dispoñen de internet de alta velocidade

    Continuando coas accións de mellora do Proxecto Abalar pola integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación no ensino, 159 centros educativos de Galicia xa dispoñen dunha velocidade de conexión a internet de ata 100 Mbps, e está previsto que no próximo mes de xaneiro sexan 172 os centros educativos que dispoñan desta conexión.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 05/10/2011

    Xunta de Galicia: III Congreso Escuela 2.0

    Entre os días 6 e 8 de outubro celebrarase en Granada o III Congreso Escuela 2.0. A finalidade deste congreso é “realizar un balance e unha avaliación do desenvolvemento do programa nos dous cursos que leva funcionando, valorar o impacto do mesmo no proceso de modernización do sistema educativo e proporcionar un marco de encontro ao profesorado e responsables das administracións educativas participantes no mesmo”.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 14/09/2011

    Abalar: Formación do profesorado Abalar no curso 2011/12

    O plan de formación de centros da rede Abalar porase en marcha entre finais de setembro e principios de outubro diferenciando en todo caso, a formación que recibirán os centros que entraron no proxecto neste curso escolar e os que xa pertencían á rede no curso pasado.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 01/09/2011

    Xunta de Galicia: II Edición do Plan Navega con Rumbo

    Ábrese un novo prazo de solicitudes para participar na segunda edición do "Plan Navega con Rumbo”, unha iniciativa promovida desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dentro do Proxecto Abalar da Xunta de Galicia, dirixida a todos os centros públicos da Rede Abalar e que non participaron na primeira edición.
     
    Os centros públicos Abalar interesados nunha destas charlas informativas, deberán remitir un correo electrónico á dirección abalar.navegaconrumbo@edu.xunta.es antes do mércores 7 de setembro indicando o seu interese en participar neste Plan. Desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria facilitarémoslle ao Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) o seu contacto e serán eles quenes se porán en contacto co seu centro para ultimar os detalles.
  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 01/09/2011

    Abalar: I Edición de "Coñece espazoAbalar"

    Ábrese un novo prazo de solicitudes para participar na primeira edición de "Coñece espazoAbalar”, unha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar, e dirixida a todos os centros públicos da Rede Abalar.
  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 01/08/2011

    Xunta de Galicia: Publicación da listaxe dos novos centros que se incorporarán no vindeiro curso 2011/2012 á Rede Abalar

     

    Publícase a listaxe dos novos centros que se incorporarán no vindeiro curso 2011/2012 á Rede Abalar.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 14/07/2011

    Abalar: Posta en marcha do novo servizo "Aula Virtual Aberta" con todo o material formativo do Proxecto Abalar

    Ábrese un espazo adicional onde se pon a disposición de toda a comunidade educativa os materiais formativos relacionados co Proxecto Abalar. 
     
    Con este novo servizo, preténdese ofrecer unha aula aberta a disposición de todos os usuarios interesados no emprego das novas tecnoloxías.
  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 06/07/2011

    Xunta de Galicia: A cidadanía xa ten á súa disposición o novo material didáctico formativono repositorio documental FLOSS

    Unha das liñas do Plan de Acción FLOSS (Free and Open Source Software), promovido pola SXMIT no ano 2011, persegue a potenciación dos mecanismos de formación e difusión do Software Libre e Aberto. Para iso, dende o mes de marzo deu comezo a realización de actividades de difusión e formación para promover o Proxecto Abalar por medio da elaboración de guías didácticas sobre ferramentas FLOSS do equipamento Abalar e a realización de xornadas de formación aos docentes Abalar.
  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 27/06/2011

    Xunta de Galicia: Convocatoria de concesión de premios ao profesorado que desenvolva novos contidos educativos dixitais

    O 6 de xullo finaliza o prazo para presentar as solicitudes na convocatoria de premios ao profesorado que desenvolva novos contidos educativos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados neste ano 2011 pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (procedemento administrativo PR522B).
     
  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 16/06/2011

    Xunta de Galicia: III Congreso Escuela 2.0

    O Ministerio de Educación organiza os días 6, 7 e 8 de outubro de 2011 o III Congreso Escuela 2.0 que se celebrará no “Palacio de Exposiciones y Congresos” de Granada.
     
  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 09/06/2011

    Abalar: Novo espazo temático para a creación de contidos dixitais

    Coa intención de ofrecer ao profesorado documentación, titoriais e enderezos de interese respecto á creación de contidos educativos dixitais, a súa  difusión e reusabilidade, ábrese un espazo temático onde atoparedes información sobre formatos dixitais, ferramentas de creación, dereitos de autor e dereito de cita, ferramentas de empaquetado e catalogación de obxectos dixitais educativos, normas de accesibilidade e repositorios de recursos.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 08/05/2011

    Xunta de Galicia: Ábrese o prazo para a incorporación de novos centros á Rede Abalar

    Hoxe, 27 de Abril, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de Abril, na que se convoca a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2011/2012.

    Continuando coa estratexia da integración plena das TIC na práctica educativa, o obxecto desta convocatoria é dar a coñecer os criterios para a selección de novos centros educativos galegos para formar parte do Proxecto Abalar no próximo curso académico.