O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 08/05/2011

    Xunta de Galicia: Ábrese o prazo para a incorporación de novos centros á Rede Abalar

    Hoxe, 27 de Abril, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de Abril, na que se convoca a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2011/2012.

    Continuando coa estratexia da integración plena das TIC na práctica educativa, o obxecto desta convocatoria é dar a coñecer os criterios para a selección de novos centros educativos galegos para formar parte do Proxecto Abalar no próximo curso académico.
  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 06/05/2011

    Abalar: I Edición de Coñece o espazoAbalar

    Arranca a primeira edición de "Coñece o espazoAbalar”, unha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar, e dirixida a todos os centros públicos de Galicia que neste curso 2010/2011 sexan centros da Rede Abalar.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 15/04/2011

    Abalar: Vídeo tutorial da montaxe do equipamento Abalar (EDI + Proxector)

    Ponse a disposición de todos os centros que forman parte do Proxecto, un vídeo tutorial explicativo do proceso de montaxe do encerado dixital interactivo e do proxector.

    Neste vídeo amósanse todos os pasos a dar para unha correcta instalación deste equipamento nas aulas Abalar.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 12/04/2011

    Xunta de Galicia: Os centros educativos galegos presentan as mellores experiencias no congreso Escuela 2.0 de Zaragoza

    Entre os días 13 e 15 de abril celebrarase en Zaragoza o II Congreso Escuela 2.0. A finalidade deste congreso é promocionar a comunicación entre o profesorado participante no programa Escuela 2.0 e difundir as experiencias que se están realizando nas distintas comunidades autónomas.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 02/03/2011

    Abalar: O espazoAbalar ponse hoxe a disposición de todos os centros educativos de Galicia

    Todos os centros que imparten as ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato teñen dispoñible desde o día de hoxe o servizo espazo Familias e o servizo espazo Profesores deste portal.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 28/02/2011

    Xunta de Galicia: II Congreso Escuela 2.0

    O Ministerio de Educación dentro do compromiso da oferta de actividades de formación do Proyecto Escuela 2.0 organiza o II Congreso Escuela 2.0. Este congreso celebrarase os días 13, 14 e 15 de abril no Palacio de Congresos Expoaragón (Zaragoza).

    No marco deste congreso ofrecese ás Comunidades Autónomas a posibilidade de presentar as mellores experiencias do programa Escuela 2.0., experiencias que na nosa comunidade enmárcanse dentro do Proxecto Abalar.
  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 21/02/2011

    Xunta de Galicia: Dispoñibles para os centros educativos o diccionario digalego.com e a Enciclopedia Galega Universal (EGU) en liña

    Xa están dispoñibles para os centros educativos dous novos recursos lingüísticos de grande utilidade: Digalego.com e a Enciclopedia Galega Universal (EGU) en liña. 

    Estas ferramentas lingüísticas serán accesibles a través da rede corporativa da Xunta de Galicia nas direccións  http://xunta.digalego.com e http://xunta.egu.es.  A maiores, cada centro educativo dispón dunha conta de usuario e dunha clave que lle permite aos docentes facer uso destes servizos tamén desde fóra da rede corporativa.
  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 14/02/2011

    Abalar: Curso a distancia - Edición Abalar

    Ábrese o prazo de matrícula ata o 16 de febreiro de 2011 para os seguintes cursos a distancia de edición Abalar que se celebrarán a través de Platega entre o 7 de marzo e o 17 de maio de 2011.