O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

  • Consellos de seguridade
    NOVA DE ACTUALIDADE 26/07/2017

    Consellos de seguridade: Como configurar o correo @edu.xunta.es en clientes de correo e dispositivos móbiles

    O acceso ao servizo de correo @edu.xunta.es dende dispositivos móbiles empregando canles de comunicación non seguras (WIFIs públicas, ...) constitúe un dos riscos de seguridade que poden comprometer as credenciais de acceso aos servizos educativos. Para reducir eses riscos, desde comezos de setembro, o acceso ao servizo de correo @edu.xunta.es a través de clientes de correo ou dispositivos móbiles, está soamente accesible mediante protocolos e portos que transmitan as credenciais de correo de xeito cifrado e seguro (SSL, TLS).

  • Consulta ao Mercado
    NOVA DE ACTUALIDADE 29/06/2017

    Consulta ao Mercado: Ábrese o procedemento de Consultas Preliminares do Mercado para a Posta en marcha dun servizo Premium de atención e soporte técnico á Educación Dixital no marco do Proxecto ABALAR-EDIXGAL

    Como paso previo á definición dos modelos de contratación pública que se desenvolverán nunha seguinte fase, considérase de interese promover un procedemento de Consultas preliminares do Mercado a modo de convocatoria aberta de propostas de solucións innovadoras, como medio para identificar tecnoloxías, solucións e modelos organizativos de interese para o reto que se propón no ámbito da atención e soporte aos usuarios da Educación Dixital.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 16/06/2017

    Abalar: Novos contidos intelixentes para E-Dixgal

    Ao longo do curso 2017-2018 os docentes que impartan en aulas do proxecto E-Dixgal van a dispoñer de novas funcionalidades para os contidos da editorial Netex para Inglés (5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO) e Matemáticas (6º primaria e 1º de ESO). Neste sentido, o profesorado vai a poder personalizar e actualizar o contido editorial mediante unha sinxela interface. Ademais, pode crear os seus propios materiais didácticos e ofrecer contidos individualizados ao alumnado sen saír da propia unidade didáctica.

  • Experiencia
    EXPERIENCIAS. AULAS 2.0 16/06/2017

    CEIP A Cristina: No CEIP A Cristina traballamos con E-Dixgal

    O CEIP A Cristina de Carballo comezou a súa andadura no Proxecto de Educación Dixital no curso 2014/ 2015. Ao longo destes tres cursos puidemos desenvolver as enormes posibilidades que ofrece este proxecto. Ademais en cada curso impleméntanse novas funcionalidades que nos axudan no noso labor docente e repercuten positivamente no proceso de ensino- aprendizaxe.

  • E-Dixgal
    NOVA DE ACTUALIDADE 26/05/2017

    E-Dixgal: Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-Dixgal para o curso 2017/2018

    Publicada a Resolución do 22 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2017-2018.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 11/05/2017

    Abalar: Recursos educativos dixitais sobre o Día das Letras Galegas en espazoAbalar

    Un libro de Concepción Arias Neira:

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 05/05/2017

    Abalar: Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 33 novos recursos educativos dixitais

    O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 33 novos contidos educativos en formato dixital.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 28/04/2017

    Abalar: Uso da “app” Moodle Mobile coa aula virtual do proxecto Webs Dinámicas

    Actualmente para toda a comunidade educativa que usa as Aulas Virtuais (Moodle versión 2.x) do proxecto Webs Dinámicas, está dispoñible a app “Moodle Mobile” que os usuarios poden instalar nos seus smarthphones e/ou tablets para acceder e traballar nos cursos das aulas virtuais dos se

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 26/04/2017

    Abalar: Camiños de lecturas

    Este proxecto xorde da necesidade de contar con actividades dixitais para traballar a comprensión lectora a partir de libros de literatura galega. Facendo uso das novas tecnoloxías e aproveitando os recursos que nos ofrece aula Abalar na que traballamos, deseñamos una serie de actividades encamiñadas a formar lectores competentes. Estes materiais foron elaborados durante unha licenza por estudos.

  • Experiencia
    EXPERIENCIAS. AULAS 2.0 21/04/2017

    CPI Plurilingüe Virxe da Cela: Programar con Scratch

    O emprego da plataforma Scratch, supuxo contar cun gran abanico de ferramentas gráficas sinxelas e visualmente atractivas para o alumnado que permitiu o traballo compartido e a difusión dos proxectos deseñados.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 19/04/2017

    Abalar: Un paseo pola música de Galicia

    Hoxe en día son moitos e moi variados os recursos dixitais que temos á nosa disposición en Internet. Independentemente da etapa educativa ou da materia da que se trate, a rede poderá fornecernos case con total seguridade calquera material que precisemos nun momento dado.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 03/04/2017

    Abalar: Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 27 novos recursos educativos dixitais

    O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 27 novos contidos educativos en formato dixital.