• Blogues Abalar:Contando ata un

  • Blogues Abalar:Contando ata un

  • Blogues Abalar:Contando ata un

21 NOV 2012
blogue: "CONTANDO ATA UN ", POR JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ GARCÍA

Comunidade e cultura da inclusión

 

Cartaxena, Murcia. 18 de outubro de 2012. Ponse en marcha o "I Congreso Nacional de Dificultades Específicas de Aprendizaxe. VII Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade" baixo o lema "Respostas flexibles en contextos educativos diversos". Fai xa anos que participo e moi ilusionado nos congresos TecnoNEEt (o 1º deles no ano 2000 e así cada 2 anos ata chegar a actual 7ª edición deste 2012)
 
Cando se fala da atención á diversidade na procura de recursos, estratexias, e tecnoloxías dixitais de calidade, non é nada doado atopar boas referencias. Se engadimos ademais que estes en concreto afinan a puntería especializándose no aproveitamento da tecnoloxía dixital, moito máis aínda; de feito e durante moito tempo, a liña dos congresos TecnoNEEt era o único horizonte posible a nivel mundial sobre estes contidos ata fai ben pouco tempo. Tanto é así, que dende fai varias edicións, o número de persoas asistentes supera as 1000, de entre as que as galegas (docentes non universitarias na maior parte) supera as 30 persoas, número altísimo se pensamos nas distancias, nas peticións de días libres, nos custes propios de estancia e desprazamento, etc.
 
Santiago de Compostela, A Coruña. 24 de marzo de 2012. Póñense en marcha as "I Xornadas de Atención á diversidade" organizadas polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) para ser impartidas no edificio da EGAP (Escola Galega da Administración Pública) cun aforo previsto de 220 asistentes. Alí estarei encantado, participando e achegando toda esta bagaxe acumulada e, ao mesmo tempo, agardando a que ao fin se constitúa en Galicia unha comunidade activa e inqueda de persoas que cren na inclusión, que a levan a cabo nas aulas, que apostan porque a tecnoloxía dixital pode achegar moitísimos recursos de moito valor nese obxectivo e que incluso defenden administrar os seus deseños para que a accesibilidade e a usabilidade os presida.
 
Pontevedra. Días 30 de novembro a 2 de decembro de 2012. Pónse en marcha Culturgal 2012, "Feira das Industrias Culturais" baixo o lema "A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave" no Pazo da Cultura de Pontevedra. O programa e inmenso, a asistencia prevista tamén moi alta, e entre os seus contidos atopamos unha serie de experiencias cosidas baixo o lema "Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. Experiencias" Alí tamén estarei para falar de que a atención á diversidade tamén merece o seu espazo nestes encontros, para falar de "Xandre, o elefante sen sombra" e outros contidos de interese para facer ver que falar de cultura e falar de educación pódese facer sempre que as persoas con diversidade funcional estén presentes, pero incluíndo tamén as súas necesidades, a súa cultura e incluíndonos uns aos outros.
Son moitísimas as experiencias de alta calidade na diversidade funcional, na inclusión e na atención á diversidade, que se veñen tendo en toda Galicia fai xa tempo. Experiencias que son admiradas e escoitadas con atención fai xa tempo incluso nos congresos TecnoNEEt aos que antes facía referencia, pero ao mesmo tempo, e crea certo rubor dicilo, que son unhas descoñecidas pola comunidade docente galega. Descoñecidas porque non valoramos o que facemos, descoñecidas porque o noso illamento xa é fósil, descoñecidas porque fáltannos eses referentes nos que sentirnos comunidade. E xa que se nos achegan estas oportunidades ímolas aproveitar, nonsí?
 
4.7625
Average: 4.8 (8 votes)
Your rating: Ninguno
4.7625
Average: 4.8 (8 votes)
Your rating: Ninguno
(8 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.