• Blogues Abalar:Contando ata un

  • Blogues Abalar:Contando ata un

  • Blogues Abalar:Contando ata un

19 FEB 2013
blogue: "CONTANDO ATA UN ", POR JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ GARCÍA

Dispositivos móbiles na educación

Foron o agasallo de moda nas pasadas festas de nadal, aínda que con certa contención, por causa dos seus altos prezos e da grave crise na que estamos inmersos. O caso é que os dispositivos móbiles en xeral, e os coñecidos como tablets en particular, irromperon no mercado con moita forza e, hoxe, a súa implantación continúa acelerándose. Toca polo tanto facerse as preguntas sensatas correspondentes: ¿Trátase dunha moda dixital máis, ou realmente viñeron para quedarse? ¿Podemos quitarlles partido nas aulas? ¿Poden chegar a ser unha ponte entre as aulas e os fogares? ¿Poden chegar a ser ferramentas de utilidade na atención á diversidade? As respostas que están a chegar de diferentes ámbitos son positivas e contundentes. Polo tanto cómpre destripar esta realidade e intuír o proveito que lle podemos quitar.

 
Comecemos entón. De que dispositivos falamos? Hai varias tipoloxías comúns que debemos coñecer.
 
Smartphone
 
Así se lle chama (nome inglés que equivalería a "teléfono intelixente") ao teléfono móbil (cun tamaño aproximado de 4 polgadas) ao que, se lle engadiu un sistema operativo adaptado que lle permite: instalar, administrar e operar con micro-aplicacións de todo tipo (ademais de usalo como teléfono para falar) grazas tamén a que a pantalla é táctil. Engadir ademais que poden usar as redes sen fíos tipo Wifi para actuar cos servizos non telefónicos.
 
Tablet
 
Así se lle chama (nome inglés que equivalería a "táboa" ou "táboa dixital") ao dispositivo móbil moi semellante ao smpartphone pero con 2 características singulares: un maior tamaño (habitualmente 10 polgadas) e un uso diferente dado que non se habilita o servizo de telefonía.
 
Mini-tablet
 
Trátase dun nome aínda informal para referirse a aquelas tablets que reducen o seu tamaño de 10 a 7 polgadas e que son os que agora máis se demandan pola súa maior portabilidade e polo aforro económico que supón.
 
Phablet
 
Así se lle chama (nome inglés que vén de sumar "phone" + "tablet" e que fixo xurdir nomes curiosos como "tabléfono" ou "tabletófono"). En liñas básicas trátase dun smartphone (polo tanto con telefonía) pero cunhas dimensións maiores que case acadan as do mini-tablet (entre 5 e 7 pulgadas según modelo).
 
Sistemas operativos
 
Non abonda con ter un destes dispositivos para facer unha valoración xusta das súas calidades, é preciso saber tamén cal é o motor que os move. Ata fai ben pouco, só había 2 grandes hexemónicos: "iOs" e "Android". Hoxe hai moita máis variedade aínda que os citados seguen a ser os predominantes no mercado. Queda aquí un apunte (datos do 3º trimestre do 2012 en canto ao uso de sistemas operativos móbiles en teléfonos intelixentes en todo el mundo):
 
Android: 72,4 %
iOS: 13,9 %
BlackBerry: OS 5,3 %
Symbian OS: 2,6 %
Windows Phone: 2,4 %
Bada: 3,0 %
Outros: 0,4 %
 
E que previsións hai para o futuro? Neste momento ningunha xa que se trata dunha guerra comercial intensa entre grandes empresas multinacionais e con litixios de por medio. Polo de agora parece que quen capitanea esta guerra é o sistema Android, pero é imposible predicir a estas alturas como será no futuro a medio prazo.
 
Pros e contras pensando na educación
 
Se tanto se fala deste asunto e se xa hai numerosas experiencias nas aulas con estes dispositivos, é porque a priori, nos achegan unha serie de servizos ou facilidades que ata o de agora non tiñamos sen menoscabo de que tamén presenten os seus inconvenientes, imos analizalo:
 
Factores a favor
 
Intuitivo e atractivo: ao non precisar teclado nin rato.
Favorecedor: para persoas enfermas de pé ou na cama, manexo cunha soa man, persoas con eivas intelectuais, etc.
Amigable: a simplificación do seu manexo.
Portabilidade: facilita o transporte entre aula e fogar.
Aplicacións gratuítas ou de prezos reducidos.
 
Factores en contra
 
Son aínda dispositivos moi caros (unha tablet de gama alta: entre os 500 e os 800 euros).
Dificultades de manexo para persoas con discapacidade visual ou con problemas de motricidade.
Aínda non hai aplicacións oficiais para trasladar a imaxe e a interactividade dun tablet á pizarra dixital (só a imaxe).
 
Marcas e modelos
 
Como é de supoñer, non imos aquí a falar de marcas e modelos, porque non sería xusto, porque a listaxe é inmensa, e porque os datos son moi moi cambiantes no tempo. Aquela persoa que se lance a mercar un destes aparatos deberá sopesar a tipoloxía que mellor se lle axusta ao seu perfil de usuario, o tamaño máis axeitado e a relación de prezos que entende como asumible.
 
O importante: referencias, contidos, usos de aula...
 
Xa temos dito que o importante non é o cacharro en si mesmo, senón a utilidade que lle imos dar, os contidos que imos manexar e as estratexias que temos pensadas con eses datos e eses servizos. 
Así pois, vaia unha breve escolma de referencias de interese:
 
Para o sistema operativo iOS:
 
o Cappaces.com. Dunha nai moi valente da que xa temos falado.
o ElVueloDeLasMariposas.com. Interesante facer na web a procura: "iPad".
o Apple.Ididactic.com. Atención ao resto da web.
 
Para o sistema operativo Android:
 
o LasMejoresAplicacionesAndroid.es . Atención á sección de nenos desta web.
o Androides en el aula . Cun filtrado interesante pensando na atención á diversidade.
 
10 usos na aula só a modo de exemplo
 
1. Alumnado sen comunicación verbal pero con uso aceptable de pictogramas: construción de taboleiros de comunicación para a aula, a escola, a familia e a rúa.
 
2. Programas de práctica e reforzo da lectoescritura nas sesións de apoio.
 
3. Traballos por grupos nas aulas de pescudas sobre certos temas usando a rede.
 
4. Xestión das axendas de traballo do profesorado: "GTask" ou "Cuaderno del profesor" en Android ou "abcNotes" en iOS.
 
5. Teléfonos de emerxencia para saídas e usos propios: "Teléfonos de Emergencias" en Android.
 
6. Crebacabezas e xogos de lóxica, atención, memoria e motricidade fina: hainos a centos en ambas plataformas.
 
7. Axendas escolares de alumnado con TDAH, Down, etc. (para ambas plataformas).
 
8. Traballos de investigación colaborativos: "Mapa Estelar" en Android.
 
9. Mellora das capacidades de escoita musical: "Oído Perfecto Pro" en Android.
 
10. Aprender a coñecer o noso corpo e a roupa: ducias de aplicacións analizadas polo miúdo en cappaces.com
 

 

4.12941
Average: 4.1 (17 votes)
Your rating: Ninguno
4.12941
Average: 4.1 (17 votes)
Your rating: Ninguno
(17 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.