• Blogues Abalar:Contando ata un

  • Blogues Abalar:Contando ata un

  • Blogues Abalar:Contando ata un

06 FEB 2012
blogue: "CONTANDO ATA UN ", POR JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ GARCÍA

Enable Viacam

Enable Viacam ou eViacam é a marca ou nome dun novo produto de apoio que permite gobernar o cursor do rato do ordenador mediante movementos da cabeza coa axuda dunha cámara web. Neste artigo invítase a reflexionar o útil que son estas axudas (dentro e fora das aulas) pero tamén o afastados que aínda estamos de rachar coas barreiras de comunicación que sofren a diario as persoas con diversidade funcional.

A presentación do trebello

O pasado 16 de setembro do curso que agora comezamos, presentouse en Vigo este programa libre e gratuíto. Unha vez instalado no ordenador (válido tanto para sistemas tipo Windows como Linux) quedará enlazado á cámara web que teña o equipo. A idea é sinxela: en función de como movas a cabeza así se moverá o rato na pantalla. Os comentarios que coñecemos das primeiras experiencias son bos: un programa robusto, estable, que fai unha detección e interpretación posterior correcta, etc. Pero que tamén ten os seus peros:

  • Precisa un adestramento ou adaptación previos moi importantes.
  • Enclaustra moito á persoa e a súa atención na pantalla, pois case imposibilita, por exemplo, unha conversa ao tempo que se usa o ordenador se ademais queremos mirar de cando en vez á cara da persoa que nos fala.
  • As persoas con tetraplexía poden sacarlle un uso magnífico pero as persoas con parálise cerebral (non todas pero si unha porcentaxe moi elevada) atopan moitas dificultades xa que teñen mal control cefálico e esa imprecisión leva a erros involuntarios no control do ordenador.

 

Alternativas

E non sería mellor pescudar un tipo de dispositivo que non se guíe polo movemento da cabeza senón polo movemento da mirada? (dando por descontado que tal dispositivo é capaz de descontar o nistagmus). Pois tal cousa xa existe e está probada, funciona e con grandes cotas de calidade pero a cousa xa non é tan libre. Falamos de solucións que superan con amplitude a barreira dos 6.000 euros (solucións como as de IrisCom, ou Tobii ).

Conclusións

O avanzado é moito, pero tamén está claro que aínda queda moi lonxe o día en que todas as persoas con diversidade funcional poidan acceder en igualdade de condicións que os demais ao mundo da informática e de Internet con todos os servizos que implica e que tanto valor lles poden brindar. Ese e o concepto básico de fenda dixital xa popularizado fai bastantes anos polo entón presidente Bill Clinton. E o problema é que tal fenda non se pecha, agrándase co paso do tempo porque quen carece aparentemente de discapacidades funcionais avanza a gran velocidade, e o resto queda cada día máis atrás, e o mercado é implacable. Non creo xusto ou admisible que os educadores que andamos nestas lerias sexamos outros máis dos que, encolléndose de ombros, pensan que xa se arranxará isto pola súa conta.

Notas

  • Ao longo deste artigo saíron termos que puideran resultar estraños para moitas persoas que se achegan por vez primeira a estes mundos da atención á diversidade. Termos que agora precisamos un pouco mellor.
  • "Produtos de apoio" (antes axudas técnicas) é dicir: trebellos físicos ou programas que axudan a superar unha barreira de acceso (exemplo: as gafas que moitos usamos para ler son axudas técnicas para as persoas que temos algún déficit de visión).
  • "Persoas con diversidade funcional"(antes persoas con discapacidade) o que non se debe confundir con discapacitados, termo insultante usado de xeito aberrante por algúns persoeiros famosos dos medios de comunicación porque queren abreviar o anterior e non entenden a diferencia.
  • "Programa libre" é dicir: programa informático para ser distribuído libremente incluíndo tamén o código do programa co que se fixo por se alguén estivera interesado en melloralo ou perfeccionalo.
  • As persoas con mal control cefálico poderían mellorar o resultado accionando o dispositivo estando deitados e non sentados, opción factible nalgún momento na casa ou nos hospitais pero non tanto na rúa, na escola, ou no traballo.
  • Nistagmus: chámase así ao efecto de mover os ollos continuamente e de xeito involuntario. En moitas persoas existe pero é inapreciable a simple vista, noutras xa é moito máis notorio.

 

Enlaces de Interese

 

3.741816
Average: 3.7 (11 votes)
Your rating: Ninguno
3.741816
Average: 3.7 (11 votes)
Your rating: Ninguno
(11 votos)
Comentarios (3 respostas)
  • Anónimo o 08/02/2012 ás 10:33

    Tampouco é que precise de tanto adestramento, acabo de probalo e podo controlar con precisión abonda o movemento do punteiro do rato.
    O que é pouco práctico é o click, supoño que haberá que buscar alternativas que sexan más sinxelas que facer click ao deter o movemento.
    Unha boa ferramenta de tódolos xeitos e libre, para poder mellorala calquera con tempo e coñecemento.

  • tere o 16/02/2015 ás 12:27

  • tere o 16/02/2015 ás 12:27

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.