• Blogues Abalar:Contando ata un

  • Blogues Abalar:Contando ata un

  • Blogues Abalar:Contando ata un

04 XUL 2012
blogue: "CONTANDO ATA UN ", POR JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ GARCÍA

Nais blogueiras 2.0

Raro título dirán algúns e que agradecidos lle estamos moitos. Pais, pero sobre todo, nais de nenos e nenas con diversidade funcional, sitúanse na vida dun xeito combativo e fondamente enriquecedor ante a situación moitas veces de desamparo social e educativo dos seus fillos e fillas con diversidade funcional vendo como as TIC non son as igualadoras de oportunidades senón máis segregadoras aínda. E alí están elas, a pé de canón, brindándonos a moitas máis familias e tamén, moitos mestres e mestras, milleiros de recursos e ferramentas dixitais coas que traballar para que a diversidade funcional non se quede sen oportunidades.

Non fai moito que soubemos dunha nai que, aproveitando o mundo da “web 2.0” na que as persoas usuarias de a pé poden expresarse na rede e compartir as vicisitudes da súa peregrinaxe, nos achegaba un blog cunha cantidade inmensa de recursos didácticos de alto valor para usar nas aulas. Trátase de Antonia Ortega que, coa súa páxina ( www.webantoniaortega.com ) ofrécenos desinteresadamente moreas e moreas de recursos dixitais didácticos listos para usar tanto nas aulas como nos fogares. 
 
 
Para que vos fagades unha pequena idea da fondura humana desta valente nai blogueira, reproduzo a continuación un parágrafo da súa web:
 
“...Espero que seáis benevolentes con los posibles fallos que podáis encontrar, tanto los programas, las imágenes de las que se compone, el diseño, como esta web, los he hecho con todo el cariño del mundo, robándole muchas horas al sueño y de forma totalmente autodidacta.
El amor que profeso a mi hijo lo ha hecho posible y una vez elaborados me parecía muy injusto tenerlos en un cajón y no poner estas herramientas educativas a disposición de esos padres y madres que no se resignan a tirar la toalla, dedicados en cuerpo y alma a la formación e integración de su hijo o hija.
Ojalá os sea de utilidad...” (Antonia, de webantoniaortega.com)
 

O caso é que esta situación, non é unha situación excepcional. Hai no mundo da internet unha restra longa de nais únicas e impagables que sacando enerxías de onde non as hai, traballan a reo e comparten con todos e todas nós os seus valiosos traballos. Xa non é só o valor do seu turrar sen descaso, é tamén o valor do seu carácter enormemente innovador.

 
Velaquí outro testemuño doutra nai loitadora:
 
“El iPad ha sido una herramienta fundamental en la vida de mi hijo, como consecuencia de las circunstancias derivadas de su diversidad funcional. Este rincón sólo aspira a compartir con otras familias aquellas aplicaciones que 
nos han resultado útiles, educativas o simplemente divertidas.” (Carmen, de cappaces.com)
 
 
Vaian por diante unha sinxela escolma de exemplos significativos do panorama galego.
 
 
 
  • Debo facer ademais aquí unha mención moi especial a esta mami tan combativa como entrañable, e sobran os motivos, grazas a ela e a esta web que capitanea puidemos levar a cabo no noso colexio unha experiencia única tomada a partir do conto “Xandre o elefante sen sombra” da asociación TADEGa (www.tadega.net) e que podedes seguir neste enlace: http://youtu.be/x_1v37NmzIM e do que podedes ter detalles máis concretos na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsallence/node/164 
 
 
  • Carmen Saavedra, coa web “Cappaces”. Enlace: http://cappaces.com. E que ademais presenta a peculiaridade de estar centrada na pescuda de recursos dixitais con dispositivos móbiles como o iPad.
     

 

A comunidade educativa penso que nunca saberá dar o xusto valor que merece nin agradecerá bastante todo o esforzo e o mérito desinteresado que estas valentes nais e pais levan a cabo e do que tantos e tantos profesionais nos estamos aproveitando para un bo facer nas nosas aulas.
 
Conclusións? De entrada unha ben sinxela: Antonia, Inés, Cuca, Carmen, Luluxa... grazas unha e mil veces máis, por ser e por estar.

 

 

 

 

4.212
Average: 4.2 (5 votes)
Your rating: Ninguno
4.212
Average: 4.2 (5 votes)
Your rating: Ninguno
(5 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.