• Blogues Abalar:Ferramentas colaboradoras

  • Blogues Abalar:Ferramentas colaboradoras

13 XUñ 2013
blogue: "FERRAMENTAS COLABORADORAS", POR NANI LIMA MONTENEGRO

enRedeiraste?

Neste primeiro post quero falar de Redeiras, a nosa rede social educativa para o profesorado galego. Como en calquera rede social, esta ferramenta permítenos unha interacción de persoas que dirixen os seus contidos a todo o referente á aprendizaxe. Polo tanto, prodúcese un intercambio dinámico entre toda a comunidade educativa, xerando vínculos no que a conexión é a educación.
  
 
Redeiras permite crear un sistema de comunicación aberto entre os nosos "amigos" e compartir os intereses, preocupacións ou necesidades, tecendo así a nosa rede cos comentarios e participación dos que formamos parte desta comunidade virtual. Desta forma, coñecemos a compañeiros docentes doutros lugares que nos van aportando os seus coñecementos sobre calquera tipo de temática educativa.
 
Creamos, polo tanto, un gran claustro virtual con intereses similares, onde a colaboración e a cooperación xogan un papel fundamental. Canto máis compartimos, máis aprendemos uns dos outros.
 
A continuación presento unha breve infografía dos usos da nosa rede social. enRedeiraste?
 
 
3.474546
Average: 3.5 (11 votes)
Your rating: Ninguno
3.474546
Average: 3.5 (11 votes)
Your rating: Ninguno
(11 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.