• Blogues Abalar:Ferramentas colaboradoras

  • Blogues Abalar:Ferramentas colaboradoras

18 DEC 2013
blogue: "FERRAMENTAS COLABORADORAS", POR NANI LIMA MONTENEGRO

Estilos de aprendizaxe 2.0

Neste segundo post vou a tratar sobre un aspecto moi importante para os docentes: os estilos de aprendizaxe. A diversidade é unha característica intrínseca ás persoas, xa que cada unha ten un modo especial de pensar, sentir e actuar. Do mesmo xeito acontece nas aprendizaxes, porque cando aprendemos, temos diferentes estilos de aprendizaxe.
 
Podemos ver a diferenza nos centros educativos e, máis concretamente, nas nosas clases. Pero como bos docentes, deberíamos saber identificar todos os estilos de aprendizaxe do noso alumnado e atender a cada un deles.
 
Desta forma, podemos considerar o estilo de aprendizaxe como a preferencia natural que teñen os estudantes cara á aprendizaxe. Existen tres tipos básicos: visual, auditivo e kinestésico. Co primeiro, o alumnado aprende máis cando a información se presenta visualmente; co estilo de aprendizaxe auditivo, os estudantes prestan una maior atención aos sons; e finalmente co estilo kinestésico, o alumnado aprende a través do  movemento e das actividades prácticas.
 
Para aprender, dependemos dos nosos sentidos para procesar a información que nos rodea, polo que a maioría tendemos a usar un deses sentidos máis que outros. Por iso, coñecer cales son os nosos estilos e os do noso alumnado levaranos a elixir as ferramentas máis axeitadas para obter mellores resultados.
 
Na seguinte infografía amósanse os principais estilos, as súas características e que ferramentas colaborativas podemos empregar para cada tipo deles.
 
2.52
Average: 2.5 (10 votes)
Your rating: Ninguno
2.52
Average: 2.5 (10 votes)
Your rating: Ninguno
(10 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.