• Blogues Abalar:Tecnoloxía Educativa en Abalar

  • Blogues Abalar:Tecnoloxía Educativa en Abalar

  • Blogues Abalar:Tecnoloxía Educativa en Abalar

26 MAR 2012
blogue: "TECNOLOXÍA EDUCATIVA EN ABALAR", POR PABLO NIMO LIBOREIRO

Presentación do Blog Tecnoloxía educativa en Abalar

Boas compañeiros:

Benvidos ao Blog "Tecnoloxía educativa en Abalar" que, a partires de hoxe mesmo, imos ter a complexa tarefa de manter actualizado ;).

Quen somos?

Inicialmente, o grupo de persoas que comezaremos a escribir neste espazo somos catro individuos que, debido ao noso traballo, estamos directamente relacionados co uso das TIC no eido educativo e, concretamente, con varios proxectos tecnolóxicos que, dende a Consellería, estanse a desenvolver nos centros educativos galegos.

Este equipo de edición que poderá ampliarse, está composto polos membros da Asesoría Abalar Zona Cero que, de xeito similar ao resto de Asesorías Abalar de Zona, abrangue un pequeno conxunto de concellos próximos a Santiago de Compostela.Nesta asesoría tentamos deseñar proxectos tecnolóxicos para a educación sen perder de vista o punto de vista dos centros educativos, tarefa complexa cargada de dificultade e gratificación, na que o traballo dos Asesores Abalar de Zona (Asesores Siega) resulta imprescindible.

Este grupo está composto por dous profesores de informática e dous mestres de primaria:

Xosé Luís Barreiro Cebey, mestre de primaria e un dos pais do Proxecto Webs Dinámicas, aportará seguramente a súa visión tranquila, estable, segura e decidida. Entre outras moitas cousas, as súas reflexións aportarán confianza, sempre e cando fagades caso dos seus consellos ;).

Félix Díaz López, profesor de formación profesional da rama de Sistemas e Aplicacións Informáticas, aportará un punto de vista máis técnico e traballará na redacción de fantásticos artigos para aqueles que sentides un interese especial pola informática.

Ricardo Feijoo Costa, tamén profesor de Sistemas e Aplicacións Informáticas,  tentará buscar o equilibrio entre a paixón pola informática e o aproveitamento que os usuarios con menos coñecementos técnicos poden obter desta.

Félix e Ricardo son dous dos responsables da Rede de Xestión de Software Centralizado que, no marco do proxecto "Consolidación Software Abalar", estamos a desenvolver.

Finalmente, eu, Pablo Nimo Liboreiro, que mellor presentación que presentalos a eles.

Os obxectivos que, dende o conxunto de Asesores Abalar perseguimos son: a introdución das TIC nas aulas, a mellora da colaboración entre os diferentes membros da comunidade educativa e o uso de ferramentas tecnolóxicas baseadas en Software Libre. Sempre, dende a perspectiva de centro como unidade mínima de cambio.

 
A quen vai dirixido este blog?

Aínda que o título do blog denomínase "Tecnoloxía educativa en Abalar", un dos principios fundamentais que tentamos ter presentes no noso día a día é a necesidade de ter unha visión global para que tódolos deseños que realizamos sexan facilmente transferibles duns centros a outros, independentemente de se son Centros Educativos Dixitais (coñecidos como Centros Abalar) ou non. Algún dos proxectos sobre os que falaremos neste blog xa están dispoñibles para tódolos centros educativos públicos sen excepción, outros, pola súa dificultade ou complicacións varias, concrétanse en implementacións organizadas en diferentes fases.

Ademais, non perderemos a ocasión para tratar temas importantes e de actualidade como os contidos dixitais, a imperiosa necesidade de coñecer as súas especificacións técnicas (xa que non deixan de ser ferramentas tecnolóxicas), a súa capacidade de adaptación, o acceso ás súas fontes, a súa integración coas outras ferramentas coas que os docentes, inmersos na Sociedade da Información, traballan.

Algo que resaltar?

Si, tentamos estar comprometidos cunha determinada metodoloxía tecnolóxica e expresalo como tal, pero teredes que ter en conta que podemos estar trabucados nas nosas afirmacións polo que contrastalas nunca estará de máis ;)

Vémonos moi pronto compañeiros.

 

 

 

 

 

3.563076
Average: 3.6 (13 votes)
Your rating: Ninguno
3.563076
Average: 3.6 (13 votes)
Your rating: Ninguno
(13 votos)
Comentarios (4 respostas)
  • Aurora o 09/04/2012 ás 11:18

    Coido que é unha iniciativa interesante da que me gustaría formar parte xa que para o vindeiro curso estarei cunha clase de 5º de primaria do proxecto abalar.
    Un saúdo

  • Daniel o 10/04/2012 ás 17:39

    Boas tardes,
    Un primeiro correo para saudar a iniciativa e desexar sorte no proxecto.
    Estaremos pendentes para ver que novas nos traedes e por si podemos aportar algo os que estamos tratando de introducirnos en Moodle, Abalar e outras cousas das TICs.
    Un saúdo desde Outes,

    Daniel Losada

  • jose o 13/04/2012 ás 15:24

    Parabens, destes blogs e realmente podemos quitar información.
    Un saúdo e adiante co proxecto.

  • Anónimo o 20/04/2012 ás 08:49

    Hola compañeros numerarios,
    os pongo un enlace por si considerais echarle una ojeada. Ahí va: http://hojamat.es/publicaciones/cantares.pdf
    Saludos

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.