EXPERIENCIAS 15/12/2017

IES Faro das Lúas: Buscando a Valle

Dende o IES Faro das Lúas sentímonos moi orgullosos e agradecidos de que a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia concedera ó noso centro un premio do concurso de traballos por proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar, para o proxecto presentado pola biblioteca do noso instituto co título Buscando a Valle.

A idea deste proxecto nace da conmemoración do 150 aniversario do nacemento do ilustre fillo do Concello de Vilanova de Arousa, onde está situado o noso centro, Don Ramón Mª del Valle Inclán .

O obxectivo do proxecto Buscando a Valle foi a implantación dun novo servizo turístico para Vilanova de Arousa mediante a colocación de placas con códigos QR nos lugares da vila con relación coa figura, vida e obra de Valle Inclán.

Trátase dun proxecto cooperativo e multidisciplinar coa implicación de todo o centro e no que colaboraron 9 departamentos didácticos, así como o Concello de Vilanova de Arousa.

Os traballos desenvolvidos consistiron en:

  • Diseño e impresión de placas en 3D cun código QR que explican os puntos de Vilanova relacionados con Valle Inclán.
  • Un xogo de pistas sobre a ruta virtual de Valle-Inclán, para facer o percorrido de forma lúdica.
  • Un tríptico coa ruta para entregar nos puntos de turismo de Vilanova.

 Os obxectivos que se se perseguiron con este traballo foron o de mellorar a aprendizaxe de competencias claves do alumnado incidindo na alfabetización informacional, ensinar a traballar cooperativamente, potenciar a responsabilidade, xestionar a información, fomentar a creatividade e innovar pedagóxicamente coa aplicación das novas tecnoloxías.

Remitimos os seguintes enlaces web de interese:

 

0
Sin votos (todavía)
Su voto: Ninguno
0
Sin votos (todavía)
Su voto: Ninguno
(0 votos)

Enviar un comentario nuevo

Deja un comentario
El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Introduzca los caracteres mostrados en la imagen.