EXPERIENCIAS 26/01/2018

IES Terra de Turonio: Regularizando o uso das plataformas e-aprendizaxe

É un feito evidente que o uso das plataformas de xestión de aprendizaxe , mellor coñecidas como LMS, incrementouse nestes últimos anos. Con todo, queda un longo camiño para regularizar o seu uso e aplicar todo o seu potencial nas clases.

Moitas son as causas para que ou profesorado tente de usalas na aula como medio fundamental do aprendizaxe pero entre elas destaca unha: “A estupenda acollida que ten este medio no noso alumnado”.

Dende a miña experiencia nunca me atopei cun alumno que rexeitará esta nova canle de coñecemento. Ao contrario, alumnado con falta de interese pola materia amosaba un aumento tanto na súa concentración na aula como na súa dedicación á materia. Este dato non é nada que nos chame a atención posto que temos ante nós mozos e mozas que naceron e teñen absorbido no seu ser unha cultura dixital que non se lles pode eliminar ao chegar á aula.

Agora ben, cal é entón o problema para que o profesorado non faga das LMS o seu soporte diario de clase?. Entre moitos factores (falta de tempo, instalacións precarias, velocidade da internet….), penso que hai unha que predomina entre as demais, refírome á complexidade de uso . O profesorado loitamos tódolos días con aprender a usar moito software e apps para as nosas clases que fagan ca nosa materia sexa máis doada de comprender e próxima á vida cotiá.

Pero este non é o caso da plataforma AGUEIRO. Un pode empezar coa plataforma dende o minuto un. AGUEIRO ten unha característica que a diferenza doutras plataformas ou software de aprendizaxe e é a FACILIDADE de USO. A plataforma amósase limpa, eficaz e instantánea para traballar nun contorno interactivo.  Así pois , esta característica fixo que a propuxese ao meu IES como o medio ideal para achegar coñecementos ó alumnado.

O seguinte vídeo amósanos como nuns minutos podemos estar traballando coa plataforma.

Esta característica non é a única que  faia idónea para as clases . Cabe destacar outra imprescindible e básica no AGUEIRO. Estoume a referir ao COOPERATIVISMO. Non só o alumnado pode traballar de xeito colaborativo online senón que o profesorado pode compartir recursos e traballar colaborativamente tanto co seus compañeiros  como con alumnado e compañeiros doutras procedencias.

Finalmente cabe destacar unha última sobresaínte característica. Esta é o  DESEÑO ATRAENTE. As páxinas que podemos crear con AGUEIRO están pensadas na base dunha estrutura tipo periódico con bloques temáticos . Cada bloque faise acordo a se queremos engadir un texto, imaxe, vídeo…. Logo conformamos unha estrutura cos distintos  bloques na que expoñemos a información de xeito ordenado e eficaz . A interface é a mesma tanto para o alumnado como para o profesorado, facendo ámbolos dous a labor de emisor/receptor de información

Na seguinte ligazón pode observarse unha páxina de exemplo para o profesorado:

e na de debaixo unha páxina de exemplo para o alumnado:

Dende fai uns anos o Dpto. de matemáticas do IES Terra de Turonio notamos unha notable diferenza dixital entre  alumnado proveniente de distinto estatus social. Para subsanalo adicamos unha hora semanal a traballar online. É alí onde o alumnado terá que facer un traballo de investigación que ademais lles sirva para afianzar a súa competencia dixital.. Os problemas xurdiron cando as plataformas ou eran privadas (cos problemas que presentaba isto para menores de idade), ou tiñan bastante complicación para elaborar materiais, ou non todo o alumnado podía ter unha conta. E de súpeto apareceu AGUEIRO coma unha plataforma no que o alumnado non precisa ter correo electrónico e onde temos 2GB de almacenamento de recursos tanto para o alumnado como para o profesorado. Isto xunto coa facilidade de uso anteriormente comentada fixo que me propuxese usala para as miñas clases dun modo regular.

Xa non hai marcha atrás . A educación cambiou fai tempo e a dixitalización chegou para asentarse permanentemente nas nosas clases. Temos que ser conscientes e transmitir ao noso alumnado que a súa educación  é un traballo complexo, extenso e marabilloso, onde eles mesmos son os seus profesores e forman parte da  procura de información . 

Empezamos?

M. Luisa Pita Ameneiros
Profesora de Matemáticas

 

6
Media: 6 (4 votes)
Su voto: Ninguno
6
Media: 6 (4 votes)
Su voto: Ninguno
(4 votos)

Enviar un comentario nuevo

Deja un comentario
El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Introduzca los caracteres mostrados en la imagen.