Dende o comenzo do curso 2018/2019, o alumnado, familias e profesorado que sexan usuarios da educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:

- Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, ...

- Comunicación e resolución de averias sobre o equipamento do proxecto

- Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno

Sobre calquera dos elementos relacionados coa educación dixital:

- O equipo do alumnado

- O equipo do profesorado

- Os elementos da aula dixital nunha aula dun curso E-Dixgal (encerado dixital interactivo, proxecto, armario de carga, equipo do profesor na aula, rede WIFI, servidor de centros, conexión do centro a Internet)

- Os elementos do entorno virtual de aprendizaxe (plataforma EVA, contidos dos distintos proveedores: EDEBE, Netex, aulaPlaneta, Pearson)

E que presta o dito servizo a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través dun canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

 - A través do número de teléfono 881 86 99 00

 - De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

 - A través do WhatsApp no número 604 06 78 56

 - A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan ao centro educativo no que se produce a incidencia

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan a ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.

A través de puntos de atención (debidamente sinalizados co logotipo do proyecto) espallados por todo a xeografía galega

Rede de puntos físicos de atención: