EXPERIENCIAS 06/04/2018

IES Alfredo Brañas: «Se quero falar cun pai só teño que mandarlle unha mensaxe na app»

A experiencia é importante e ser a primeira en comezar un proxecto aporta un plus  á hora de falar del e experimentar en certo modo co que aporte. Mónica Mariño, directora do IES Alfredo Brañas de Carballo, pode dicir que o centro no que ensina foi pioneiro á hora de tomar o timón das novas tecnoloxías.

A implantación de abalarMóbil foi un golpe de efecto na relación entre directiva, docentes, titores e proxenitores.

A aplicación para teléfonos intelixentes posibilita unha comunicación directa e total entre o instituto e os pais, xa sexa mediante avisos colectivos ou individuais. A súa implantación foi exemplar.

«Axuda no inmediato —comeza—. Non se trata só de mandar as notas do trimestre ou de fin de curso, funciona a todos os niveis. Iso inclúe, por exemplo, o envío de faltas nada máis se produzan. Que un rapaz faltou a unha hora da mañá? O titor legal xa sabe ao momento que o seu fillo non está na aula. E moi útil».

Como directora do centro descubriu unha vía de comunicación incriblemente versátil á hora de comunicarse. «Agora mesmo creo que é fundamental. Sabes que a mensaxe que envíes vai chegar a todos os país que teñen a aplicación no seu dispositivo móbil. Xa non é o alumno o que ten que facer de intermediario».

Á comodidade inicial da aplicación hai que engadir certos factores a ter en conta. A simplicidade no seu manexo e a súa gratuidade. Un pai que queira instalala no seu teléfono so necesita entrar na App Store no caso dun iPhone, ou en Google Play, no caso de Android. Por suposto, hai outro aspecto económico a ter en conta: o menor uso de papel por parte do centro. «Se en vez de cen folios imprimes a metade, é obvio que se está a producir un aforro nos materiais».

A relación cos titores e os pais tamén mellorou. «Agora se un profesor quere falar cun pai só ten que mandarlle unha mensaxe a través da aplicación, e o pai poderá contestar de inmediato», explica a directora. Sobra dicir que todo é confidencial. En ningún momento o docente expón ao público os datos do seu teléfono ou a súa IP. «Xa non é o alumno o que ten que dicir ao profesor que os país queren velo ou viceversa. Agora a relación é máis simple, directa, xa que as peticións sábense ao momento».

«É obvio que cando un é coelliño de indias con estas cousas —ríe— pode haber fallos ao principio, pero a verdade e que xa se foron corrixindo e as únicas molestias que ten o sistema pasan por pequenos detalles como o ter que cambiar o contrasinal cada certo tempo obrigatoriamente».

E os alumnos? Ao principio sentíronse algo vixiados, aínda que se foron acostumando. Sobra dicir que acudir á

clase é algo obrigatorio, polo que a molestia de non poder eludir ningunha falta es máis un xesto de rebeldía que admisible en algún ámbito. «A realidade é que o alumno que se porta ben, faino coa aplicación funcionando e sen ela. Non hai problemas de ningún tipo». Agora ben, cando se cumpren os dezaoito e chega a maioría de idade, automaticamente a aplicación queda bloqueada e se necesita un permiso por parte do alumno.

Mónica Mariño Callejo
Directora do IES Alfredo Brañas de Carballo

 

Artigo publicado en La Voz de Galicia

0
Sin votos (todavía)
Su voto: Ninguno
0
Sin votos (todavía)
Su voto: Ninguno
(0 votos)

Enviar un comentario nuevo

Deja un comentario
El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Introduzca los caracteres mostrados en la imagen.