EXPERIENCIAS 20/04/2018

IES Isaac Díaz Pardo: «Subir recursos cando queiras permite crear actividades interactivas»

Profesora de Lengua e Literatura no IES  Isaac Díaz Pardo de Sada, Carme Casás síntese  cómoda  cando fala das novas tecnoloxías e a súa implantación no sistema educativo. Na súa materia, as posibilidades de ter unha ferramenta virtual como E-Dixgal na que subir recursos e complementos didácticos diarios é unha auténtica oportunidade para mellorar e facilitar a aprendizaxe da materia. «É unha nova maneira de dar clase, de relacionarse cos alumnos», explica.
«A posibilidade de subir recursos cando queiras e como queiras permite a creación de actividades interactivas», sinala Casás. «En certo modo, axuda sen dúbida ao colectivo pero tamén á atención individualizada do alumno en caso de necesitar máis apoio ou axuda en certo momento».

É un feito. Non todos aprendemos igual ou ao mesmo ritmo. É imposible.
Hai materias que costa máis interiorizalas ou leccións máis difíciles de asimilar que outras. O entorno virtual facilita esa atención, propoñendo actividades específicas para cada alumno en caso de precisalas. «Hai rapaces que poden entender un concepto máis rápido, e outros menos rápido; pero iso non é un problema xa. Podemos asegurarnos de propor exercicios para todos e que nunca se descolgue ninguén».

Carme tamén destaca, por exemplo, os exercicios de autoavaliación que pode ir facendo o alumnado. «É unha maneira doada de saber se estás manexando ben o aprendido ou necesitas facer un esforzo. Unha guía de cara o exame para o alumno pero tamén para o profesor».

O papel nas súas materias no está esquecido, pero si se encontra nunha posición menos privilexiada que os teclados ou as pantallas. «Claro que usamos o caderno, non podemos deixar algo tan importante como a escritura de lado; hai exercicios que teñen e deben facerse nel, pero é certo que a pizarra verde caeu en desuso», continúa Carmen. A posibilidade de poder subir vídeos complementarios e que os alumnos os visualicen é, considerablemente, máis atractiva que tomar apuntes do encerado. En Música, por exemplo, un pode escoitar a canción que desexe; en Lengua Castellana pode botar unha ollada a unha entrevista a Alberti ou
calquera outro contido de interese que o profesor estime.

«Se tivera que facer un balance só podería dicir que é positivo», sentencia. «Considero que xa todo isto xa non ten volta. O futuro do ensino vai da man das tecnoloxías e canto antes nos poñamos con elo, mellor para todos». Carme destaca o papel fundamental do profesor.

Non é unha cuestión de subir decenas de contidos interactivos tales como vídeos a unha nova plataforma. Hai un trasfondo moito máis profundo que pasa pola adaptación dos mestres e facilitar a labor docente. Un proxecto conxunto no que se integran interese e pedagoxía. «Os nenos son doutra xeración xa. Ven a vida a través da pantalla, e ollo: que na clase están ao que teñen que estar. Non andan visitando páxinas web e chateando».
 

Carmen Casás Redondo
Profesora no IES Isaac Díaz Pardo

 

Artigo publicado en La Voz de Galicia

 

3.51
Media: 3.5 (2 votes)
Su voto: Ninguno
3.51
Media: 3.5 (2 votes)
Su voto: Ninguno
(2 votos)

Enviar un comentario nuevo

Deja un comentario
El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Introduzca los caracteres mostrados en la imagen.