NOTICIA DE ACTUALIDAD 15/02/2019

Maqueta Abalar Libre: “Restaurar Escritorio”: unha nova funcionalidade na maqueta Abalar

O sistema operativo Abalar, tanto da versión do equipamento Edixgal como da maqueta AbalarLibre, inclúe unha nova funcionalidade: a de restauración do Escritorio.

Mediante esta ferramenta xa é posible devolver facilmente o escritorio ao seu estado orixinal, coa configuración por defecto da imaxe de fondo, cores, fontes... etc.

Esta funcionalidade atópase dispoñible no menú "Aplicativos - Sistema - Restaurar Escritorio"

Máis información en: