ACTUALIDAD DEL PROYECTO 09/12/2015

Abalar: O repositorio de contidos do espazoAbalar chega aos 2.640 recursos educativos

O repositorio do espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 48 novos contidos educativos en formato dixital.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.640 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os recursos publicados proceden de:

Do grupo de traballo "A educación emocional na aula" do IES Maruxa Mallo de Ordes:

Das Unidades didácticas para educación infantil creadas por María Miguélez Vila grazas á colaboración entre a Fundación Xaime Quesada Blanco e a Xunta de Galicia:

Das actualizacións dos recursos do proxecto "As paisaxes de Galicia" feitas por Carlos Sastre de Vicente con Ardora para a área de Ciencias Sociais en 5° e 6° de primaria:

Da licenza de formación de Beatriz Araújo Vázquez no curso 2014/15 con materiais de Ciencias Sociais para 5° de primaria:

Dos materiais para Lingua Castelá de 3° da ESO de Felisa Redondo Valín que usou o procedemento de cesión de dereitos:

Da licenza de formación de Manuel Rosales Graña e Ana M» Rial Aparicio no curso 2014/15 (é unha continuación das unidades 1 e 2 publicadas o curso pasado):

Da licenza de formación no curso 2014/15 de creación de materiais para a área de matemáticas en 2° ESO feita con Exelearning e Geogebra por Jose Ramón Navares Rodriguez e Miguel Angel Alvarez García:

Da licenza de formación no curso 2014/15 de Tomás Díaz Teijo para a área de Educación Plástica e Visual na ESO con materiais en galego, castelán e inglés:

Da licenza de formación no curso 2014 / 15 de Elena Samartino López e María Martín Hernández para 1° ESO:

Da licenza de formación no curso 2014 / 15 de Manuel Rico Taboada de creación dun método de lectoescritura en galego con actividades para a PDI:

Da licenza de formación no curso 2014 / 15 de Irene de Concepción, Beatriz Real e Ángel Cañas para a ESO feito en Exelearning:

Da licenza de formación no curso 2014 / 15 de Roberto Alhambra Sánchez sobre un xogo de rol para 5° de primaria:

Da licenza de formación no curso 2014/15 de David Casado Bravo con materiais creados en Exelearning:

Da licenza de formación no curso 2014 / 15 "As pegadas do tempo" de Nuria Feijoo e Mercedes González para ciencias sociais en 5º de primaria e formada por 10 ODEs en galego-ingles:

Da licenza de formación no curso 2014/15 de Alejandra Carro Mahia con materiais de Educación Física para 1° ESO:

Da licenza de formación no curso 2014/15 de M» América Fernández Míguez "Geometría de 1° ESO con Geogebra":

Da licenza de formación no curso 2013 / 14 de Aurora Puentes Graña nunha aula virtual Moodle:

Da licenza de formación no curso 2013 / 14 de José Manuel Bouzán Matanza con propostas interdisciplinares con Ardora 7 para 5° de Primaria:

Do recurso elaborado por Clara Cristela Rodríguez, Manuel Alonso e Marta Coria en Exelearning e dentro do Plan Proxecta para dar a coñecer a importancia como Patrimonio da Humanidade a tres dos camiños de Santiago que atravesan Galicia: o Francés, o do Norte e o Camiño Primitivo:

Aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.