Dende o ano 2010, vense desenvolvendo o Proxecto Abalar, coma unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de todas a comunidade educativa: pais, nais, titores/as legais, docentes, alumnado. Para conseguilo, Abalar proporciona aos centros e a comunidade educativa os seguintes elementos:

- A conectividade e o equipamento

- Os entornos virtuais de traballo e os contidos dixitais

- Accións de formación e difusión para docentes e familias

- Canles de participación a través de espazos webs, app e ferramentas; tanto para docentes como para familias.

Dado que Abalar é unha iniciativa viva, dende o curso 2014/2015, ofrece unha educación completamente dixital para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2 de Educación Secundaria Obrigatoria, grazas a iniciativa de educación dixital E-Dixgal. No curso acutal 2018/2019, máis de  18.000 estudantes de 267 centros educativos beneficianse desta iniciativa.

O alumando, profesorado e familias participantes nesta iniciativa dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.

Nos centros educativos, o alumnado e o profesorado traballa nas aulas dixitais. Son aulas que dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun equipo para o profesor, e dun equipo para cada alumno. Ademaís as aulas contan con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado poda accesos aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

Ademais, o profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de Eso do seguintes provedores: Edebé, Netex, aulaPlaneta e Pearson, os do Repositorio de contidos educativos dixitais (os centros teñen a súa disposición o Repositorio de contidos educativos dixitais do espazoAbalar, con máis de  3.200 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas), ou os que o profesorado poda crear, seleccionar ou engadir ao entorno. Con estos recursos, os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia. 

O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet, a través das claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Para acceder a plataforma, e desenvolver as actividades educativas, o alumnado participante no proxecto ten dereito a un netbook (ordenador portátil) na modalidade de cesión de uso, para uso persoal e educativo. O dito equipo é proporcionado polo seu centro, unha vez asinado polo pai/nai/titor legal un formulario de cesión de uso do mesmo (enlace ao formulario).

A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados no mesmo é gratuíta para o alumnado. As familias comprométense a que o alumnado realice un uso axeitado do equipamento, ao coidado dun equipo público, que poderá ser usado noutros cursos por outros alumnos, e a unha utilización vinculada á actividade educativa para a que é cedido.

O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet desde as súas casas, poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o netbook volva ter conexión de rede.

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado. Neste sentido, desde o comezo de cada curso, teñen á súa disposición na plataforma de formación, cursos de teleformación orientados a cada un dos perfís sobre o uso e vantaxes da plataforma.