Todo o alumnado participante dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (ambos modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións, e características e prestacións similares), que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta.

Estes equipos poden ser empregados como portátil ou como tableta, son táctiles e traen integradas un amplo conxunto de aplicacións educativas agrupadas por categorías como imaxes en 3D de planetas, táboa periódica ou editor de moléculas para ciencias; dicionarios para as materias de lingua; apps de experimentos e circuitos eléctricos para física ou de operacións e gráficas para matemáticas, entre outras. Dende o equipo pódese acceder ao entorno virtual de aprendizaxe (EVA), tanto en modo conectado (on-line), como en modo sen conexión (a través do cliente off-line instalado no equipo).

Que se pode facer co portátil?

O equipo cedido ao alumnado do proxecto, é para uso persoal e educativo, é dicir, o alumnado empregará o equipo para seguir o proceso de ensino aprendizaxe e para realizar as tarefas educativas indicadas polo profesorado, ou calquera outra actividade educativa pertinente. Non se poderá usar o equipo para ningún outro uso persoal distinto da actividade educativa. Tampouco se poderá ceder a terceiras persoas. A utilización non permitida do equipo será recollida como conduta contraria a convivencia nas normas de organización, funcionamento e convivencia.

Outras normas a seguir no uso do equipo:

- Non se poderán realizar manipulación no ordenador nin no software instalado

- Deberá informarse ao/á titor/a do curso de calquera dano observado no equipo

- O alumnado deberá levar o ordenador ao centro todos os días, en condicións de uso e coa batería cargada

- O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso e cando o centro o solicite para realizar calquera acutaicón, ou calquera tarefa de mantemento, etc ...

- O profesorado e o/a coordinador/a E-Dixgal do centro poderán inspeccionar o ordenador cando o estimen oportuno, co fin de constatar o seu estado

Quen é o responsable do equipo?

A responsabilidade do correcto coidado do equipo e do seu bo uso recae nos/as pais/nais/titores/as legais, que deben responder do perda ou do seu mal uso. As averías que podan producirse na utilización diaria do equipo, que non sexan debidas a un uso inadecuado, están recollidas nos supostos de garantía do equipo, e polo tanto deben comunicarse solventarse a través das distintas canles do Servizo de soporte Premium.