Un portátil por aula

Para os docentes estará dispoñible un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, todos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.

Os portátiles forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.
 

Unha pizarra dixital interactiva

O modelo de pizarra dixital interactiva que se facilitará aos Centros, será o SMART Board (SB68V e SB680) ou MultiClass MCI780. A súa superficie sensible ao tacto permite manipular todas as aplicacións do ordenador e a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou vídeos.

Ademais a distribución abalar conta co software  OpenSankore, que permite a creación de recursos interactivos dixitais para empregar nos Encerados Dixitais Interactivos
 

 

Un proxector

O proxector complementará ás pizarras dixitais interactivas.

É un proxector Epson EB-440, EB-460, EB-480 ou NEC UM-280XG, ambos de distancia ultracorta que pode proxectar unha imaxe de 70 polgadas nunha pantalla de  formato 4/3 a só 12 cm de distancia, polo que resulta perfecto para a aula e consegue eliminar as sombras provocadas por persoas ou obxectos situados diante da pantalla.
 

 

Un armario para a carga dos equipos

O sistema de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos. Isto posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo.

O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo multimedia xa que no seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga, a conexión para o sistema multimedia.

Adicionalmente, permite obter dúas saídas de audio amplificadas, situadas nos laterais do armario de carga. Así, mediante a combinación de proxector e equipo portátil, o sistema convértese nunha completa estación multimedia desde a que é posible realizar calquera presentación reforzada con capacidades multimedia.

O sistema de audio atópase autoamplificado, polo que non é necesario realizar un axuste específico de audio para o control do seu sistema de son. Así pois, para regular o volume do seu sistema tan só necesita axústar o seu equipo multimedia ata o nivel que considere adecuado.

O proceso de carga pode ser detido en calquera momento mediante a pulsación do botón vermello situado no panel de control.

Os sistema conta con ventilación forzada para a extracción do aire quente que se xera durante a carga, é por iso que debemos ter especial coidado na súa situación para manter libres os accesos a estas zonas.

 

 

Rede Wifi

A xestión e configuración das redes establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware da marca Aruba Networks (125, 134 e 215) configurados en redes WIFI e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.