• NOVA DE ACTUALIDADE 16/04/2019

    Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-Dixgal para o curso 2019/2020

    Resolución do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020.

  • NOVA DE ACTUALIDADE 17/12/2018

    Dispoñibles os contidos de Inglés de Pearson no EVA de EDIXGAL

    Os preto de 21.000 usuarios do Proxecto Abalar, dos 267 centros educativos, contan desde hoxe cun cuarto provedor de Inglés, a Editorial Pearson. Estes contidos complementan ás 750 unidades didácticas de 45 materias dos provedores Netex Learning e Edebé, que están integradas na plataforma do libro dixital, ás que se suman as unidades, recursos complementarios e acceso ao banco de contidos da Editorial Planeta, e aos máis de 3.200 contidos dixitais creados polos propios docentes galegos.

  • NOVA DE ACTUALIDADE 31/10/2018

    Nova utilidade no EVA para gardar exercicios nos contidos da editorial Netex

    Coa finalidade de facilitar a usabilidade no Entorno Virtual de Aprendizaxe online do proxecto E-Dixgal, incorporouse unha nova utilidade nas unidades didácticas da Editorial Netex que permite gardar os exercicios realizados sen ter que esperar a pechar a ventá.

  • NOVA DE ACTUALIDADE 03/09/2018

    Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

    Co fin de mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos e a infraestrutura tecnolóxica a disposición dos diferentes colectivos que forman a comunidade educativa pertencente á rede de Centros E-Dixgal, desde este luns 3 de setembro está operativo o Servizo Premium de Atención, Soporte e Aco

  • NOVA DE ACTUALIDADE 03/09/2018

    Xornada de formación do Proxecto E-Dixgal

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada aos/as coordinadores/as do Proxecto E-Dixgal, enmarcado dentro do proxecto Abalar.

  • NOVA DE ACTUALIDADE 11/09/2017

    Aberto o prazo de matrícula para a formación sobre o Proxecto E-Dixgal

    Está aberto o prazo de matrícula dos cursos para a formación relacionada co Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os recursos dixitais, as actividades, as avaliacións, a Ferramenta de Autor, etc. dentro do Proxecto E-Dixgal.