Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 13/03/2015

IES Alfredo Brañas: abalarMóbil

Xa vai para dous anos que no IES Alfredo Brañas de Carballo empregan a aplicación para as familias abalarMobil. E dende o principio, según a directora Mónica Mariño, o seu uso foi bastante positivo. Destaca que é unha ferramenta moi útil, xa que potencia a transmisión directa, a cercanía, e sobre todo a inmediatez. As familias queren coñecer e saber que acontece cos seu fillos dentro do recinto, e abalarMóbil o permite.

Para a directora, esta aplicación axuda a que a relación entre os diferentes membros da comunidade educativa sexa practicamente ao momento: permite pedir citas, coñecer en primeira persoa as notas do alumnado, se ten faltas de orde, se  faltou a clase, consultar os datos do centro e, en xeral, as incidencias que haxa.

Polo tanto a información que ofrece é enorme. Ao mesmo tempo, Mónica Mariño como profesora-titora considera que mellora a calidade da relación cos pais dos alumnos, xa que evita moitos trámites burocráticos, permite a comunicación e colaboración inmediata para acadar unha axeitada formación integral do alumnado.

Como dato real, o día 4 de marzo ás catro e media da tarde comezaron as avaliacións de 2º de Bacharelato neste centro. Ás 19:30 horas remataron as avaliacións e ás 20:00 horas chegaron as notas do alumnado as súas casas, vía móbil. Esta é unha das vantaxes da aplicación, ou unha das tantas vantaxes. Hai moitos medios de informar, sen dúbida. Pero quen non busca sempre  o máis rápido e veraz?

Neste centro educativo practicamente realizan semanalmente unha actividade. E informan á comunidade educativa de todas elas sen necesidade de transmitir a información en papel. Se as actuacións son ao longo dunha semana, mandan información do día a día.

Para a comunidade educativa, esta ferramenta supón inmediatez, transparencia e comunicación. Tanto que na actualidade é usada por practicamente a totalidade do claustro e pola inmensa maioría das familias do seu alumnado. Precisamente son eles os que axudan a mellorala e modernizala.

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.