Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 12/04/2013

Hemeroteca de experiencias: Apreciando Enrugas

A Tribu 2.0 é un colectivo de ámbito nacional que ten como obxectivo achegar o cine ao mundo educativo. No seu blogue “Cine y educación: la formación del futuro espectador" e na rede social “Cero en conducta" pódense atopar propostas para traballar o cine: propostas de formación do profesorado, traballos colaborativos, unidades didácticas para traballar películas (Los niños salvajes, Katmandú, También la lluvia...),, o Plan Audiovisual na Escola 2.0, etc.

 

Entre os proxectos propostos está “Apreciando arrugas", que parte da película de animación Arrugas dirixida por Ignacio Ferreras, baseándose nun cómic de Paco Roca, no que o alumnado debe facer entrevistas aos seus avós e avoas e preparar unha montaxe co proceso seguido para expoñelo no centro e publicalo na rede.

 

Dous centros galegos participaron neste proxecto:

 

  • No CEIP Antonio Palacios de O Porriño o alumnado de 4º de Primaria traballou, na área de lingua, escribindo unha carta aos seus avós explicando os seus sentimentos e pensamentos tras ver a película. No seu blogue “elblogdemisuperclase" pódense ver algunhas cartas, unha montaxe coas entrevistas realizadas e unha presentación de fotografías.

 

  • No CPR Luis Vives de Ourense o profesor José Antonio Fraga coa colaboración das clases de 5º e 6º de Primaria elaborou a páxina “Enrugas", que comezou coas gravacións das entrevistas realizadas polo alumnado e, pouco a pouco, vai convertíndose nunha completa investigación donde os avós explican os xogos da súa época, cantan ou expoñen fotografías da súa xuventude. Así mesmo, os últimos vídeos publicados son lecturas compartidas polas familias: avós e avoas, pais e nais, irmáns e irmás..

Imaxe procedente da galería da web da película Arrugas http://www.arrugaslapelicula.com/ga/

2.628
Average: 2.6 (5 votes)
Your rating: Ninguno
2.628
Average: 2.6 (5 votes)
Your rating: Ninguno
(5 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.