Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 19/01/2018

CPI As Mirandas: Aprendo Historia co dispositivo móbil: é posible?

ThingLink é unha aplicación  interactiva que permite crear contidos máis atractivos engadindo enlaces como vídeos, música e audios en xeral, páxinas web, fotos e textos; enriquecendo o material gráfico que presentan. Con esta aplicación diseñamos un xogo en Santiago de Compostela.

Os alumnos de Segundo de ESO do C.P.I. As Mirandas saímos de excursión para visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da Catedral, percorrido polo exterior  e  interior  do  magnífico  edificio  e  despois  tiñamos  unha  actividade  de autoaprendizaxe co móbil. A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As 130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da  Corticela.  Con  isto  e  a  visita  polas  fachadas  exteriores,  rematamos  a  parte  da Catedral e comeza a actividade tecnolóxica coa historia.

O xogo consistía en acadar un percorrido polo casco histórico encontrando os distintos retos plantexados con pistas que encontraban nun mapa da cidade. Este mapa coas pistas estaba  feito  coa  aplicación  Thinglink,  era  un  plano  da  cidade,  onde  se  marcaban diferentes puntos que tiñan que atopar e dentro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban. Tiñan que localizar once puntos da cidade e, en cada un, facer un selfie onde  saíran  todos  os  integrantes  do  grupo.  O  grupo  gañador  era  o  que  conseguía encontrar todos os retos que propoñíamos no mapa.

Foi unha actividade moi motivadora

MAPA ITINERARIO DO XOGO:

 

Autora: M Vanesa Sánchez Filgueira

 

6
Average: 6 (3 votes)
Your rating: Ninguno
6
Average: 6 (3 votes)
Your rating: Ninguno
(3 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.