Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 18/05/2012

IES María Soliño: Artes no IES María Soliño

José Manuel García Plazuelo, profesor de debuxo no IES María Soliño de Cangas do Morrazo, móstranos unha colección de blogs que ven utilizando nas súas clases de Bacharelato de Artes dende o ano 2009. Trátase de once blogs de distintas materias e talleres con prácticas educativas , ferramentas e contidos sobre as artes plásticas e audiovisuais.

Hainos dedicados ao debuxo artístico, artes plásticas, animación, audiovisuais, etc. Destaca pola súa orixinalidade o proxecto graffiti, blog no que se mostraban os avances do mural “Homenaxe aos deportes” co que ían decorar o pavillón de deportes do centro. Tamén hai dous blogs administrados polo alumnado de Debuxo Técnico e Artes.

Estes blogs permiten ao alumnado de José Manuel ter sempre dispoñibles os materiais utilizados nas clases, expor os seus traballos, comunicarse co profesor mediante os comentarios e as redes sociais, ca conta de Twitter @canalartes ou co usuario Artes de Facebook, e manterse en contacto unha vez rematados os estudos a través da páxina de alumn@s e ex-alumn@s.

Todos os recursos están enlazados no blog http://bacharelatoartes2009.blogspot.com.es/, que tamén é unha sala virtual onde se mostran os traballos realizados nos últimos anos para as exposicións organizadas no centro, que xa van pola XXII edición. Nos primeiros anos mostrábanse os exercicios feitos no curso e, dende o 2009, as obras realizadas especificamente para a exposición.

 

 

 

 

5.703
Average: 5.7 (20 votes)
Your rating: Ninguno
5.703
Average: 5.7 (20 votes)
Your rating: Ninguno
(20 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.