Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 25/10/2013

IES de Poio: Cine-tura: de cine a literatura

Trátase dun proxecto desenvolto  durante o curso 2012-2013 no que participou o IES de POIO xunto con outros dous centros de Komárno (Eslovaquia) e Roma. No centro galego o proxecto foi coordinado polo profesora de Latín Carmen Fernández e contou coa colaboración de Anxos Rial, profesora coordinadora da Biblioteca do instituto.
 
O alumnado dos tres centros educativos realizou actividades conxuntas en torno a obras literarias que foron levadas ao cine. Ademais do estudo das obras literarias e películas realizaron actividades creativas reescribindo textos e filmando novas escenas.
 
O traballo comezou no mes de outubro coa proposta de libros e películas e a realización dun concurso para determinar o título e o logo do proxecto. Entre os meses de novembro e abril, tras a lectura dos libros e visionado das películas, elaboraron materiais relacionados coas lecturas: podcast e programas de radio, presentacións, carteis, vídeos, enquisas... No mes de maio dedicaronse á publicación dos materiais preparados e a avaliación do proxecto.
 
Como exemplos das actividaes realizadas destacan entrevistas aos avós do alumnado acerca das escolas en tempos pasados traballando co libro A lingua das volvoretas e a elaboración de enquisas e gráficas sobre os usos amorosos nos tres países a partir de O amor nos tempos do cólera. 
 
Neste proceso empregaron unha gran cantidade de ferramentas da web 2.0 para publicar os traballos preparados en distintos formatos, tanto textuais como audiovisuais. Tamén utilizaron servizos para realizar enquisas e publicar os resultados do estudo de forma moi visual e atractiva. Na páxina web cine-tura: de cine a literatura pode verse unha recompilación dos traballos preparados. 
 
Poden verse máis datos sobre cine-tura na súa páxina en eTwinning e no blogue de clubes de lectura do centro. Este proxecto foi finalista nos premios SIMO Educación na categoría "Mejor proyecto colaborativo y cooperativo" fallados a pasada semana e, anteriormente, levou o premio nacional eTwining en Eslovaquia.
 

6
Average: 6 (8 votes)
Your rating: Ninguno
6
Average: 6 (8 votes)
Your rating: Ninguno
(8 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.